Samos. Serra do Édramo - 08/02/2020 - Roteiros Galegos
Автор: Roteiros Galegos
Загружено: 2020-02-16
Просмотров: 158
Описание:
Descrición da ruta: https://tinyurl.com/y4xp3zoe
Ao chegar ao concello de Samos hai varias cousas que chaman a atención. A máis importante, indubidablemente, é o mosteiro. Outra delas é unha serra de ladeiras boscosas que está xusto ao carón do mesmo, ao outro lado do río: a serra do Édramo.
O percorrido comeza mesmo en Samos e nos primeiros quilómetros vai pouco a pouco en constante subida ata chegar ao alto da serra, na súa parte situada máis ao sur. Aquí poderemos ver o castro de Formigueiros situado estratexicamente nun outeiro a case 800 m de altitude. Neste punto tomaremos unha cómoda pista que atravesa a serra ata o norte pasando por numerosos túmulos megalíticos. Nesta zona tamén gozaremos dunha ampla paisaxe en diferentes miradoiros sobre o val de Samos e o val do Mao, no Incio.
Logo de cruzar a serra collemos un camiño que en descenso nos leva a Vilar do Real, pero antes de chegar veremos unha impresionante alvariza á beira do camiño. Máis adiante, tras cruzar a estrada chegamos a San Martiño do Real, onde seguiremos durante dous quilómetros o camiño de Santiago, ata chegar novamente a Samos. O percorrido vai por camiños cómodos en xeral, salvo algún curto tramo de sendeiro.
Lonxitude: 18 km, aproximadamente
Dificultade: media
Desnivel: medio
Повторяем попытку...
Доступные форматы для скачивания:
Скачать видео
-
Информация по загрузке: