Torre de Doncos. As Nogais - 26 xuño 2021 - Roteiros Galegos
Автор: Roteiros Galegos
Загружено: 2021-07-05
Просмотров: 244
Описание:
Descrición da ruta ➡️ https://roteiros.gal/ruta-da-torre-de...
A ruta da Torre de Doncos é unha ruta relativamente curta pero moi intensa en canto á beleza das súas paisaxes e a súa contorna. Ten un percorrido circular que comeza e remata nas Nogais. Os primeiros quilómetros, que nos levan ata a parroquia de Doncos, son coñecidos para nós, pois xa os fixemos na última ocasión que visitamos este concello facendo a ruta da Serra Longa. Son pouco máis de 3 quilómetros por un camiño (pista) moi amplo, entre bosques, que une a capital do concello con Doncos. Unha vez aquí temos que dirixirnos ao val do río Navia o cal temos que cruzar por unha ponte ao carón do Muíño da Veiga.
Seguimos por fermosos camiños por zonas boscosas ata chegar á Torre de Doncos, situada nunha atalaia de enorme beleza, onde o río xa lle serve como foxo. O camiño segue entre bosques, subindo pouco a pouco ata o lugar de Chan de Vilar situado nun alto entre os vales dos ríos Navia e o Boullón. Aquí comeza o descenso ata As Nogais, pasando polo lugar de Robledo.
O percorrido non ten dificultades salientables, salvo os desniveis e lama nalgún punto concreto.
Lonxitude: 13 km aprox.
Desnivel: medio
Dificultade: media
Повторяем попытку...
Доступные форматы для скачивания:
Скачать видео
-
Информация по загрузке: