Econoia 3:Charla sobre a Rede Natura 2000 e o lixo mariño.Esteiro do Tambre: hábitas, fauna e flora.
Автор: ECONOIA
Загружено: 2022-10-03
Просмотров: 76
Описание:
Esta charla impartida polo biólogo Francisco Arcos (Arcea, xestión de recursos naturais S.L.) é unha actividade formativa do proxecto Econoia 3 da Confraría de Pescadores de Noia (A Coruña, España) dentro do Plan Mar Limpo da Consellería do Mar.
ECONOIA é un proxecto de Responsablidade Social Corporativa da Confraría de Pescadores de Noia (Galicia, A Coruña, España) ao abeiro das axudas do Plan MarLimpo da Consellería do Mar da Xunta de Galicia para formar e divulgar sobre o impacto ambiental do lixo mariño. É un exemplo de colaboración entre administración, mariscadores e ONGs. Desde 2020 a 2023 presentáronse cinco proxectos con accións de formación, recollida, clasificación e inventario dos residuos mariños na costa da ZEC da Rede Natura 2000 Esteiro do Tambre. 261 persoas mariscadoras a pé e 7 barcos on 14 mergulladores, realizaron 27 xornadas de limpeza ao longo de 22 km de costa. Retiraronse 1.046.731 obxectos cun peso de 81.944 kg e un volume de 463 m3. Econoia 2020 tivo un orzamento de 204.260,33€, Econoia 2 (2021) de 195.614.90€, Econoia 3 (2022) de 260.466.93€ , Econoia Mergullo (2022) de 19.722€ e Econoia 4 (2023) de 81.135,66€. O 75 % foron fondos FEMP e 25 % de fondos nacionais. https://econoia.gal/
Повторяем попытку...
Доступные форматы для скачивания:
Скачать видео
-
Информация по загрузке: