Econoia 5: presentación e obradoiro de arte con lixo mariño
Автор: ECONOIA
Загружено: 2024-12-10
Просмотров: 110
Описание:
ECONOIA é un proxecto de Responsablidade Social Corporativa da Confraría de Pescadores de Noia (Galicia, A Coruña, España) ao abeiro das convocatorias do Plan MarLimpo da Consellería do Mar da Xunta de Galicia para formar e sensibilizar sobre o impacto ambiental do lixo mariño. É un exemplo de colaboración entre administración, mariscadores e ONGs.
Econoia 5 desenvólverase no período 2024-2025 e ten un orzamento de 125.016,77 euros, cofinanciado pola Unión Europea polo FEMPA nun 70% e o 30% pola Xunta de Galicia.
Desde 2020 a 2023 presentáronse cinco proxectos con accións de formación e sensibilización e tamén de recollida, clasificación e inventario de residuos mariños na ZEC da Rede Natura 2000 Esteiro do Tambre.
Participaron 261 persoas mariscadoras a pé e 7 barcos con 14 mergulladores. Realizaron 27 xornadas de limpeza ao longo de 22 km de costa. Retiraron 1.046.731 obxectos cun peso de 81.944 kg e un volume de 463 m3.
Econoia 2020 tivo un orzamento de 204.260,33€, Econoia 2 (2021) de 195.614.90€, Econoia 3 (2022) de 260.466.93€ , Econoia Mergullo (2022) de 19.722€ e Econoia 4 (2023) de 81.135,66€. O 75 % foron fondos FEMP e 25 % de fondos nacionais.
https://econoia.gal/
Повторяем попытку...
Доступные форматы для скачивания:
Скачать видео
-
Информация по загрузке: