Econoia 5: Limpeza de algas verdes nos bancos marisqueiros de Testal e Broña. 5 de setembro de 2025
Автор: ECONOIA
Загружено: 2025-09-23
Просмотров: 111
Описание:
Reportaxe da limpeza de algas verdes de arribazón realizada polos mariscadores a pé dos bancos marisqueiros desde O Freixo á Barquiña de San Cosme (Outes). Proxecto Econoia 5 da convocatoria 2024 do Plan Mar Limpo da Consellería do Mar.
ECONOIA é un proxecto de Responsablidade Social Corporativa da Confraría de Pescadores de Noia (Galicia, A Coruña, España) ao abeiro das axudas do Plan MarLimpo da Consellería do Mar da Xunta de Galicia para formar e divulgar sobre o impacto ambiental do lixo mariño. É un exemplo de colaboración entre administración, mariscadores e ONGs. Desde 2020 a 2024 presentáronse seis proxectos con accións de formación, recollida, clasificación e inventario dos residuos mariños na costa da ZEC da Rede Natura 2000 Esteiro do Tambre. 261 persoas mariscadoras a pé e 7 barcos on 14 mergulladores, realizaron 29 xornadas de limpeza ao longo de 22 km de costa. Retiraronse 1.046.731 obxectos cun peso de 81.944 kg e un volume de 463 m3. Econoia 2020 tivo un orzamento de 204.260,33€, Econoia 2 (2021) de 195.614.90€, Econoia 3 (2022) de 260.466.93€ , Econoia Mergullo (2022) de 19.722€ e Econoia 4 (2023) de 81.135,66€. O 75 % foron fondos FEMP e 25 % de fondos nacionais. Econoia 5(2024) de 105.106.77€ co 70 % cofinanciado pola UE (a través do FEMP) e resto nacional. https://econoia.gal/
Повторяем попытку...
Доступные форматы для скачивания:
Скачать видео
-
Информация по загрузке: