LAB LGBT+ "O que se mova é gay" · Como construír escolas que sexan, de verdade, espazos seguros?
Автор: Rexenerando
Загружено: 2026-02-19
Просмотров: 0
Описание:
Vídeo 2/4.
Seguimos mirando a xornada “O que se mova é gay. Experiencias para a prevención das violencias lgbtfóbicas nas aulas", analizando o traballo feito e buscando respostas para a prevención das violencias nas aulas.
Na fala con @ana_amigo_ventureira e @rociocadahia quixemos poñer o foco non só no que acontece cando emerxe unha situación de violencia, senón no que podemos facer antes: como construír centros educativos que sexan, de verdade, espazos máis seguros.
A conversa levounos a desprazar a mirada da reacción á anticipación, preguntándonos:
• Como crear un clima escolar inclusivo que preveña as violencias lgbtfóbicas?
• Por que falar de diversidade sexual nas aulas abre portas para todo o alumnado, e non soamente para quen forma parte do colectivo LGBT+?
• Que papel pode xogar a alfabetización mediática como ferramenta de prevención?
Falamos de transformacións da cultura dos centros educativos, de achegar referentes, dos discursos que circulan dentro e fóra das aulas, e da necesidade de dotarnos de ferramentas para ler criticamente coas adolescencias o mundo que habitan.
Neste segundo vídeo recollemos algunhas das ideas chave presentes nesta primeira mesa.
@rexenerandocoop
@depucoruna
@udc_oficial
Vídeo de @zonahadal
--
Esta segunda edición do LAB LGBT+ foi posible grazas ao programa de subvencións a entidades sen ánimo de lucro para o mantemento de programas en políticas de xénero no ano 2025 da Deputación da Coruña, subvencionado nun 74,52%, cun importe de 29.127,00€.
🙌🏽Esta xornada conta tamén coa colaboración da Universidade da Coruña, que nos cedeu xenerosamente o espazo.
Повторяем попытку...
Доступные форматы для скачивания:
Скачать видео
-
Информация по загрузке: