Laboratorio de Apoderamento LGBT+ 2025 · Por que un laboratorio?
Автор: Rexenerando
Загружено: 2026-02-19
Просмотров: 4
Описание:
Vídeo-resumo do Laboratorio de Apoderamento LGBT+ de Ferrolterra, un proxecto de innovación educativa pola diversidade sexual, impulsado por Rexenerando e financiado pola Deputación da Coruña.
Nesta primeira edición do LAB LGBT+ traballamos con mocidade de 4º da ESO e 1º de Bacharelato de Fene, Ferrol, Narón, Neda, Valdoviño e San Sadurniño para sensibilizar e reflexionar sobre as opresións e violencias contra o colectivo LGBT+, na procura de camiñar cara aulas máis seguras e inclusivas e elaborando prototipos para a mellora das súas comunidades. Ao tempo, e dende unha abordaxe integral, formamos a docentes e familias e coordinamos todo o proceso cos Concellos colaboradores.
Este proxecto é posible grazas ao programa de subvencións a entidades sen ánimo de lucro para o mantemento de programas en políticas de xénero no ano 2025 da Deputación da Coruña (FOIO0A/2025), cunha achega do 74,52%, por un importe de 29.127,00€
Vídeo: Catuxa Martínez
Deseño: nadinagráfica
Повторяем попытку...
Доступные форматы для скачивания:
Скачать видео
-
Информация по загрузке: