Brassica Rapa, Antía Muíño, Mondra - Oliveira Ardendo (Cuarto Pexigo Session)
Загружено: 2025-12-17
Просмотров: 13339
Описание:
Oliveira Ardendo (Luintra x Palestina)
En homenaxe a Berrogüetto
Para o pobo palestino
coa colaboración especial de Cuarto Pexigo
cara a Belén camiña
unha nena apurada,
valente e canda a ela
súa irmá a acompaña
chegaron a Belén
alzaron a mirada
unha oliveira ardendo
o seu paso cortaba
chaman á súa porta
e cando á porta chaman
outros responden dentro
con voz alborotada
esta é a nosa terra
berran as nenas cansas
vós teredes as bombas,
nós, dignidade humana
miran ao seu redor
as dúas abrazadas
a pequena penaba,
a grande a consolaba
non te apenes, meu ben
corre, ven, dáme a man
dende o río até o mar,
Palestina vencerá
#oliveiraardendo #nadaldeluintra #palestinalibre #berroguetto #brassicarapa #antíamuíño #mondra #nadal #panxoliña
Повторяем попытку...
Доступные форматы для скачивания:
Скачать видео
-
Информация по загрузке: