Baixada da morena e as formigas no entroido de Laza
Автор: Entroidos Galicia
Загружено: 2012-09-13
Просмотров: 1311
Описание:
A Morena é un home que leva por riba unha manta e unha cabeza de vaca feita de madeira. Cando fai a súa entrada triunfal na Picota, onde apenas colle un alfinete, tenta de escornar ós presentes e levantarlle a saia ás mulleres (acto con unha forte connotación sexual), mentres que a numerosa comitiva que a acompaña bate con toxos e cobelleiros nas cabezas de aqueles que inutilmente tratan de protexerse. Mentres tanto, sacos de formigas vivas, propias da zona, previamente recollidas e en ocasións mesturadas con fariña e vinagre co que se poñen máis rabiosas, van quedando pouco a pouco baleiros ó ser lanzado o seu contido ó aire, que cae sobre os corpos da multitude que entre berros e salaios se queixa das cóxegas e mordeduras que estes diminutos insectos lles producen.
O feito de lanzar formigas mesturadas con vinagre foi moi criticado por grupos de ecoloxistas que vían nesta costume ancestral un acto de salvaxe maltrato animal. Tamén contribúe de abondo ó barullo a máquina limpadora que chega de Souteliño, botando fariña e tinguindo a praza e os presentes de branco.
Повторяем попытку...
Доступные форматы для скачивания:
Скачать видео
-
Информация по загрузке: