Entroido de Laza (Ourense)
Автор: Entroidos Galicia
Загружено: 2012-09-13
Просмотров: 2661
Описание:
Coas badaladas de fin de ano empeza en Laza o ciclo do Entroido. Os mozos recorren as rúas do pobo facendo soar os chocos, anunciando que o Entroido está preto pero aínda sen lucir o traxe, este non se pon ata o día da estrea que é o domingo de Entroido, como veremos máis adiante.
A partir de entón vense polas noites grupos de amigos que saen vestidos con roupas vellas e vistosas e coa cara cuberta: son as "máscaras" e "maragatos". Éstes chaman ás portas dos veciños e camuflan a súa voz para non ser recoñecidos polos anfitrións da casa, os cales lles serven amablemente algún licor e tratan de adiviñar a súa identidade.
Tamén dende esta data, cada venres pola noite pode facerse un "folión" que consiste en xuntar varios fachóns con palla ós que se lle prende lume, e deste xeito recorrer as rúas do pobo, acompañados polo ruído dos chocos, de bombos e de troula. Mentres que os veciños que están nas casas agardan o paso do folión para "agasallalos" con cinsa que botan dende os balcóns. Porei como exemplo o calendario do ano 2006, no que se celebraron folións os venres 3, 10, 17 e 24 de febreiro. O cuarto folión é coñecido entre os lazanos como "O Gran Folión".
Á medianoite centos de persoas reúnense na entrada do pobo (A Cerdeiriña), e inician o seu itinerario ó longo das escuras rúas, únicamente iluminadas esa noite pola cálida luz dos fachóns de palla ardendo ós que antes me referín. É este un antigo rito agrario, xa que o lume tiña como finalidade purificar as terras e manter afastados ós malos espíritos. Dende os corredores e solainas das casas tíraselle cinsa e fariña ós transeúntes que inútilmente tratan de escapar desa nube de po que se abalanza sobre eles.
O sábado de Entroido, pola tarde ten lugar na Praza da Picota, zona na que se concentra a xente, a "fariñada", unha batalla campal na que os participantes se botan puñados de fariña os uns ós outros. Ningún curioso que se achegue a observar consegue escapar limpo.
Unha vez caída a noite os grupos de amigos reúnense pala celebrar as sonadas "cabritadas". Antigamente os mozos (se ben hoxe calquera as pode celebrar) reuníanse nunha casa baleira, e un ou varios membros da cuadrilla preparaban para os comensais un exquisito cabrito asado ó espeto, á brasa ou ó forno. E deste xeito entre cabrito, viño e algarabía segue a esmorga na verbena que ten lugar na Praza da Picota ou ben nos diferentes bares do pobo, aínda que actualmente se continua coa festa na casa de algún veciño ó que fan levantar da cama para que os convide a viño, a licorcafé ou ó que se tercie, o caso é non durmir e prolongar a festa.
Tradicionalmente, unha vez que a orquestra recollía os instrumentos, a xente nova reuníase nas palleiras para continuar a festa, ou se cadra durmir un par de horas antes de que saísen as primeiras raiolas do sol. Aqueles con máis aguante permanecían impasibles ante o frío e o sono, e agardaban na Picota a que aparecese o primeiro peliqueiro, anunciando co seu porte, beleza e bravura a chegado do domingo de Entroido.
Ten lugar neste día o que se coñece como "A estrea dos Peliqueiros", xa que é o primeiro día no ano no que se volve a vestir este traxe. Aqueles mozos que dende o día un de xaneiro corrían polas rúas cos chocos e coa zamarra para exercitar a súa forma física e para aprender posturas novas imitando ós veteranos, son os que neste día e nos vindeiros visten o peliqueiro.
O nome de "peliqueiro" venlle da pel ou pelica que leva detrás da careta e da zamarra coa que saúda ou zorrega ós que se cruzan no seu camiño polas rúas do pobo.
O traxe do peliqueiro, aínda que con algunhas excepcións como veremos ó falar das partes individualmente, consérvase case como hai máis de cen anos, tal como no lo describe Xosé Alonso Obregón na súa obra "A miña aldea". É posible remontarnos ó século XVIII, agás a garabata que foi introducida moi posteriormente, e a careta e os chocos que son de orixe celta ou prehistórica.
En Laza, o peliqueiro é sagrado e intocable, é o rei indiscutible do Entroido. Ninguén lle pode chamar polo seu nome propio, nin interpoñerse no seu camiño. Visitan as casas do pobo, onde son agasallados polos veciños con bica, licorcafé, xastre etc... Son os gardiáns dos outros personaxes do Entroido: acompañan ó carro da bica, á morena, ó testamenteiro, poñen un pouco de orden entre tanto caos.
Повторяем попытку...
Доступные форматы для скачивания:
Скачать видео
-
Информация по загрузке: