Entrega de premios. V Concurso de rondallas 2014, no recinto ferial IFEVI - Vigo
Автор: Deputación de Pontevedra
Загружено: 2014-01-27
Просмотров: 1001
Описание:
A rondalla de Bembrive gaña o primeiro do ‘V Concurso Provincial de Rondallas’ organizado pola Deputación de Pontevedra, ante as máis de 12.000 persoas que abarrotaron o Ifevi vigués. O premio de 2.100 euros foi entregado polo vicepresidente da Diputación, José Manuel Figueroa, e a diputada Marta Iglesias, que acudiron acompañados da alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e dos alcaldes de O Porriño, Nelson Santos; Gondomar, Fernando Guitián; e Nigrán, Alberto Valverde.
O segundo premio recaeu na rondalla Santa Eulalia de Atios (O Porriño), cunha dotación económica de 1.800 euros.
En terceira posición colocouse a rondalla Pontellas de Mos, que recibiu un premio de 1.500 euros.
A rondalla Galiñeiro de Vincios gañou o primeiro premio de abandeirados, dotado cun recoñecemento de 400 euros. En segunda posición quedou Valladares e o terceiro posto foi para Santa Eulalia de Atios.
O resto de rondallas recibiron un premio de 1.300 euros cada unha en recoñecemento a súa participación.
O concurso de Rondallas de la Diputación batiu o récord de participación con 13 grupos a concurso e 1.164 integrantes cunha media de idade inferior aos 28 anos. Tres das rondallas estaban compostas por un total de 120 membros.
info:
http://www.depo.es
Повторяем попытку...
Доступные форматы для скачивания:
Скачать видео
-
Информация по загрузке: