Alalá nº 160 "Cuxa" - TVG
Автор: Alalá TVG
Загружено: 2016-03-31
Просмотров: 7578
Описание:
Alalá nº 160 "Cuxa" - TVG
Emisión en Televisión de Galicia: 02/11/2010
Lugar de Gravación: Cedeira
Visita a nosa canle: http://alala.crtvg.es
Cuxa é un deses artistas de enorme talento pero descoñecidos fóra do seu entorno máis próximo que tanto abundan en Galicia. Canta marabillosamente. Toca a zanfona, o piano, a guitarra e o acordeón. E compón. Cantou no Orfeón Terra Nosa do Padre Feijoó, compuxo para o grupo Candieira nos tempos da Nova Canción Galega e mesmo chegou a gravar dous pequenos discos. Pero non saben da súa arte máis alá dos amigos cos que canta nas tabernas tomando un viño, os veciños, a familia ou os compañeiros da coral. Todos eles admírano profundamente e quéreno moitísimo. Porque Cuxa é un dos motores das veladas interminables nas que se reúnen, como é tradición en Cedeira, simplemente para cantar.
Con sesenta e cinco anos e despois de ter vivido en Santiago, en Madrid e mesmo en Turquía, este químico recén xubilado que sémpre quixo ser músico está feliz coa súa vida actual. Volveu á súa adorada Cedeira, disfruta moitísimo coidando á súa filla de sete anos, Beatriz, acude a clases de acordeón para seguir profundizando no instrumento, ensaia coa coral Herbeira e toma os viños cada día cos amigos da infancia. ¿Que máis se pode pedir? Pois ter unha voz como a súa, capaz de interpretar desde unha aria de ópera ás coplas máis vellas de Cedeira, que aprendeu de pequeno escoitando cantar ós homes no bar de seu pai e na casa ás súas tías.
Повторяем попытку...
Доступные форматы для скачивания:
Скачать видео
-
Информация по загрузке: