🇨🇺📱
Автор: g24noticias
Загружено: 2025-04-10
Просмотров: 4490
Описание:
A TVG segue a promover o galego tamén nas redes sociais, e para iso deseñou un proxecto específico dirixido desta volta aos novos galegos.
A complicidade de Anita Mateu foi chave para levar adiante este novo reto lingüístico da TVG, ‘Bótalle azucre’, en que a ‘influencer’ asumiu o reto de aprender galego en 100 días. Mateu, que leva xa máis de dous meses detrás desta iniciativa, ten que ser quen de manter unha primeira conversa fluída en galego nese tempo, prazo que se cumpre xustamente o vindeiro 17 de maio, Día das Letras Galegas.
A ‘youtuber’ e ‘influencer’ cubana está aprendendo galego con esta iniciativa dos medios públicos coa que xa conectaron máis de medio millón de persoas en YouTube, Instagram e TikTok. Nos seus posts Mateu comparte diariamente anécdotas arredor da lingua, reflexións e aplicacións que vai descubrindo a medida que usa o galego no seu día a día.
Ata agora xa se emitiron 10 episodios semanais deste ‘reality’ na nova canle de YouTube 'Bótalle azucre', aínda que os seus progresos tamén se poden seguir en pequenas pílulas nas contas de @botalleazucre en Instagram e TikTok.
Nestes episodios Anita vai aprendendo galego pola súa conta, atendendo tamén ás interaccións do público, que lle axuda a mellorar mediante correccións nos comentarios. O proxecto está tendo unha grande acollida e milleiros de persoas están apoiando a Anita, que xa se está convertendo en toda unha “embaixadora do galego” entre as persoas de fóra que veñen vivir a Galicia.
Con este novo proxecto, a TVG está a achegarse a gran comunidade composta polos novos galegos, moitos deles procedentes de América, que coñecen a nosa lingua pero aínda non a falan.
Повторяем попытку...
Доступные форматы для скачивания:
Скачать видео
-
Информация по загрузке: