MJ Pérez - Mariluz (Videoclip ft. A Panadaría)
Автор: MJ Perez
Загружено: 2019-11-24
Просмотров: 5078
Описание:
“Mariluz” é un tema inspirado nunha escena da obra “Elisa e Marcela” de A Panadaría. Unha canción que nace fai dous anos como algo anecdótico e que MJ decide sacar adiante facendo que cobre outra dimensión. Deste xeito, “Mariluz” foi o pretexto ideal para facer unha colaboración especial entre A Panadaría e MJ Pérez.
Este videoclip foi gravado en dúas partes: unha en xaneiro de 2019 e outra en outubro deste mesmo ano. Co humor e a ironía como arma, “Mariluz” convírtese nunha ferramenta de crítica. É unha critica ás cidades escaparate, que agochan a precariedade e a exclusión social, así coma á tendencia xeral de buscar o artificio e a sorpresa, quedando só no superficial.
Este tema é un adianto que formará parte do novo disco de MJ Pérez que leva por nome “A LUZ PRENDIDA” e que sairá a inicios de 2020.
Unha produción de A PANADARÍA e MJ PÉREZ.
Gravado e Editado por MIKA AUDIOVISUAL.
No referente á música, é un tema orixinal de MJ Pérez que conta coa colaboración especial de:
Ailén Kendelman (Arranxos, Batería e Percusión), Laura Romero (Baixo), Richi Casás (Saxo Tenor, Saxo Alto, e arranxos dos ventos), Paula López (Tombón) e María Prado (Trompeta).
Guitarras e Voz: MJ Pérez.
Gravación, Edición e Mistura: Iago Blanco.
Producido en Drum & Roll Studios.
Colaborou tamén Eloy Vidal.
---------------
LETRA:
Crin perder o horizonte,
crin perder as palabras,
durante tanto tempo
sen a túa mirada.
Entre a escuridade,
rodeada de trampas,
ata aquí camiñei
para ver a túa luz… Mariluz,
ilumíname a alma.
Prende a luz,
prende a luz,
prende a luz, dáme luz, Mariluz.
--
Facebook: / mjperezmusic
Instagram: / mjperez.music
Twitter: / chamanmemj
Spotify: https://open.spotify.com/artist/0UH6v...
Bandcamp: https://mjperez.bandcamp.com
WEB: mjperez.net
Повторяем попытку...
Доступные форматы для скачивания:
Скачать видео
-
Информация по загрузке: