Ramiro, capador e gaiteiro de Muras (Forcarei)
Автор: Santa Ferreña Encontros de Música Tradicional
Загружено: 2013-11-10
Просмотров: 1742
Описание:
'Esta é a historia de Ramiro, capador de Muras, de como aprendeu o oficio familiar e de como botaba ata vinte xornadas seguidas fóra da casa, de aldea en aldea, de feira en feira, ao lombo da súa mula, a capar nos porcos, nas porcas, carneiros e bois. Facía soar o seu chifro e xa todos sabían que chegaba o capador de Muras: 'Anda aí o capador de Montes!'. Sacaba a súa navalla e a súa agulla, e moitos quedaban cegos mirando para el.
Tamén é a historia de Ramiro o gaiteiro, de como lle foi levando á idea ao ver aos gaiteiros e as súas bromas. Cos seus compañeiros ao bombo e á caixa percorreron todas as festas e ruadas dos arredores. Quería ser gaiteiro e acabouno sendo; o que máis pezas sabía da contorna!'
Video realizado para a exposición 'Os Nosos Tesouros' nos XIV Encontros de Música Tradicional de Carboeiro, realizada pola asociación intercultural 'Santa Ferreña dos Encontros de Música Tradicional' coa colaboración de 'Xandobela Xestión e Dinamización Sociocultural' dentro do proxecto 'Grand Treasures' ao abeiro do programa de aprendizaxe permanente para adultos 'Grundtvig' da Comisión Europea.
Повторяем попытку...
Доступные форматы для скачивания:
Скачать видео
-
Информация по загрузке: