Medio cento de quilos de MARIHUANA vizosa en POIO
Автор: g24noticias
Загружено: 2025-09-08
Просмотров: 34
Описание:
51 quilos de plantas de marihuana que xa estaba para recoller. A Policía Local de Poio comisou todo este material que gravou e pesou xa cortado nas súas dependencias. Estaban nun terreo particular dunha vivenda encaixada entre outras propiedades particulares na parroquia de Campelo.
O veciño ao que lle requisaron a droga fora investigado por conectarse fraudulentamente aos cables eléctricos e unha comprobación rutineira de como estaba a situación levou a este achado.
Aos axentes chamoulles a atención o vizosa que estaba a plantación de marihuana, con exemplares que incluso superaban os dous metros e medio de altura.
Así as cousas, o propietario está a ser investigado por un presunto delito contra a saúde pública. Esta é a terceira intervención deste tipo en Poio nos últimos anos, pero é o caso máis voluminoso. A investigación continúa aberta.
Повторяем попытку...
Доступные форматы для скачивания:
Скачать видео
-
Информация по загрузке: