ycliper

Популярное

Музыка Кино и Анимация Автомобили Животные Спорт Путешествия Игры Юмор

Интересные видео

2025 Сериалы Трейлеры Новости Как сделать Видеоуроки Diy своими руками

Топ запросов

смотреть а4 schoolboy runaway турецкий сериал смотреть мультфильмы эдисон
Скачать

A Deputación e a Universidade de Vigo lanzan o Observatorio de machismo dixital "Stop machitroles"

Автор: ADV

Загружено: 2021-06-23

Просмотров: 4

Описание: 23 de xuño de 2021.- A Deputación de Pontevedra e a Universidade de Vigo poñen en marcha, a través da web da Cátedra de Feminismos 4.0, o Observatorio de Machismo Dixital Stop Machitroles, que permitirá analizar distintos tipos de violencias machistas no eido de Internet e as redes sociais. Esta é unha das novidades da terceira edición da Cátedra, que presentaron este mércores a presidenta da Deputación, Carmela Silva, e o reitor da Universidade de Vigo, Manuel Reigosa, na sede viguesa da Deputación.

A través deste espazo web, "Stop Machitroles", as persoas poderán denunciar de forma anónima as agresións, acosos, vexacións, ridiculizacións, ataques á dignidade das mulleres e calquera comportamento de carácter misóxino, machista e/ou sexista. Ao finalizar o ano, realizarase un informe no que se dará conta das incidencias recollidas neste Observatorio, co obxectivo de amosar cal é a frecuencia, intensidade ou tipoloxía das formas nas que se presenta a violencia contra as mulleres, machismo e a misoxinia na contorna dixital.

Carmela Silva sinalou que "queremos facer unha análise das redes identificando comentarios machistas e misóxinos. Identificar e tamén ser proactivas na creación de deseños e microprodutos culturais para difundir na rede. Análise, e acción para dar resposta aos "ataques brutais e evidentes que sufrimos todas cada día". A presidenta incidiu "na "extraordinaria" idea de crear e manter esta Cátedra de Feminismos 4.0: "Creo que faltaba. Hai moitísimas iniciativas que teñen que ver coa loita pola igualdade e coa análise da situación das mulleres nas carreiras STEM. Pero faltaba unha cátedra que se dedicara en toda a súa extensión a analizar a era dixital". Neste senso, incidiu no feito de que "a Universidade de Vigo é unha universidade feminista, e este título convértea nunha referencia cada vez mellor situada a nivel internacional pero, sobre todo, de aposta polo feminismo con ideas avanzadas e accións concretas que cambian, transforman e que van máis alá do discurso".

Pola súa banda, o reitor da Universidade de Vigo, Manuel Reigosa, lembrou que "na rede o machismo está campando as súas anchas", facendo que nos atopemos en internet "unha serie de cuestións impensables nas relacións interpersoais que fai moi importante que esta Cátedra manteña os seus estudos". Reigosa fixo fincapé tamén no fundamental de que na universidade "a metade feminina do talento non deixe fora das súas inquedanzas as carreiras STEM, porque non hai titulacións nin profesións nas que as mulleres deban estar fóra"; e festexou o éxito acadado polas actividades da Cátedra para centrarse no que está por vir: "agora toca o futuro, que son as novas actividades".

Balance da segunda edición

O reitor da UVigo quixo aproveitar a sinatura do convenio da III edición da Cátedra para poñer en valor o traballo feito ata agora. Desta forma, salientou as seis investigacións financiadas en 2020, que abordaron, outro outros, temas de actualidade como a misoxinia nas redes sociais, a percepción das estudantes ante as carreiras técnicas ou o desenvolvemento dun microcurso de aprendizaxe feminista, de utilidade para empresas e institucións.

Os Premios GirlGeekCovid premiaron o labor e o talento de catro estudantes da Universidade de Vigo con traxectorias brillantes en Ciencias e Enxeñería, que puxeron de manifesto o potencial feminino nas carreiras técnicas. Pola súa banda, o workshop Hackeando o patriarcado de 2020 contou coa participación de relatoras de enorme nivel, que achegaron as súas experiencias, coñecemento e inspiración de gran valor a moitas outras mulleres e mozas. O evento contou cos relatorios de Montserrat Boix, Coral del Río, Ana Freire, Silvia Rueda Pascual, Luz Castro e Proyecto Una, así como cos obradoiros desenvueltos por BenCuriosa e Macarena Hernández Conde. Como moderadoras participaron a xornalista Selina Otero e a investigadora Soledad Torres.

Finalmente, entre os seus fitos de comunicación, durante a segunda edición a Cátedra realizou o lanzamento da súa propia web, mantivo unha difusión diaria sobre as temáticas STEM e do feminismo 4.0 e estreou un boletín trimestral que dá conta das súas actividades e publicacións, así como de terceiras entidades.

Не удается загрузить Youtube-плеер. Проверьте блокировку Youtube в вашей сети.
Повторяем попытку...
A Deputación e a Universidade de Vigo lanzan o Observatorio de machismo dixital "Stop machitroles"

Поделиться в:

Доступные форматы для скачивания:

Скачать видео

  • Информация по загрузке:

Скачать аудио

Похожие видео

Capítulo 3. Una universidad conectada con la sociedad: tejido social y cohesión entre campus

Capítulo 3. Una universidad conectada con la sociedad: tejido social y cohesión entre campus

March Jazz ~ Soft Spring Morning Jazz Cafe & Elegant Bossa Nova Piano Music for Energy the Day

March Jazz ~ Soft Spring Morning Jazz Cafe & Elegant Bossa Nova Piano Music for Energy the Day

Presidenta activará el Plan B de Reforma Electoral el próximo lunes

Presidenta activará el Plan B de Reforma Electoral el próximo lunes

Presentación del Barómetro Industrial de la Comunidad de Madrid 2025

Presentación del Barómetro Industrial de la Comunidad de Madrid 2025

Inauguración IV WakeUp FIWAREXperience 2025 | Data Spaces, Innovación Agro y Futuro Digital.

Inauguración IV WakeUp FIWAREXperience 2025 | Data Spaces, Innovación Agro y Futuro Digital.

La niña del acerico

La niña del acerico

La traición del PT y el Verde. Por Fabrizio Mejía

La traición del PT y el Verde. Por Fabrizio Mejía

#Análisis ¬ ¿En qué consiste el Plan B de la Reforma Electoral que será enviado el lunes?

#Análisis ¬ ¿En qué consiste el Plan B de la Reforma Electoral que será enviado el lunes?

Mujeres que lideran, decisiones que transforman.

Mujeres que lideran, decisiones que transforman.

Susana Huertas Moya Secretaria General de UGT Madrid Inaugura la Escuela de Mujeres Sindicalistas

Susana Huertas Moya Secretaria General de UGT Madrid Inaugura la Escuela de Mujeres Sindicalistas

Inauguración

Inauguración

Rdp Las 4 estaciones de Vivaldi - ORA

Rdp Las 4 estaciones de Vivaldi - ORA

Weto Nawrockiego ws. SAFE. Sikorski: nienawiść do Tuska ważniejsza od Wojska Polskiego

Weto Nawrockiego ws. SAFE. Sikorski: nienawiść do Tuska ważniejsza od Wojska Polskiego

#AstilleroInforma | Sheinbaum: Plan B va ahora vs privilegios en congresos estatales y municipios

#AstilleroInforma | Sheinbaum: Plan B va ahora vs privilegios en congresos estatales y municipios

Conf. de José Carlos Rovira (Universidad de Alicante) (25/02/2026)

Conf. de José Carlos Rovira (Universidad de Alicante) (25/02/2026)

🔴 EXPRESS BIEDRZYCKIEJ | GEN. STANISŁAW KOZIEJ, JACEK NIZINKIEWICZ, TOMASZ ŻÓŁCIAK [NA ŻYWO]

🔴 EXPRESS BIEDRZYCKIEJ | GEN. STANISŁAW KOZIEJ, JACEK NIZINKIEWICZ, TOMASZ ŻÓŁCIAK [NA ŻYWO]

Que la gente vea quién votó y cómo: Sheinbaum. “Estoy muy satisfecha”. Anuncia Plan B

Que la gente vea quién votó y cómo: Sheinbaum. “Estoy muy satisfecha”. Anuncia Plan B

¡Votan contra la Reforma Electoral! “Nos vemos en las urnas”: Edy Smol

¡Votan contra la Reforma Electoral! “Nos vemos en las urnas”: Edy Smol

Jornada Dermoestética. Inauguración de la Jornada

Jornada Dermoestética. Inauguración de la Jornada

CEP - USA odmawia zniesienia  pełnych sankcji. 30 dni na sprzedaż rosyjskiej ropy na tankowcach

CEP - USA odmawia zniesienia pełnych sankcji. 30 dni na sprzedaż rosyjskiej ropy na tankowcach

© 2025 ycliper. Все права защищены.



  • Контакты
  • О нас
  • Политика конфиденциальности



Контакты для правообладателей: [email protected]