LENDAS VIVAS cap.13 - A Santa Compaña
Автор: Xabi Jácome
Загружено: 2017-05-18
Просмотров: 16870
Описание:
A compañía de ánimas aparece naquelas noites en que vai morrer unha persoa. Desprázase polos camiños da parroquia ata a casa da persoa moribunda onde recollen a súa alma para levala ao outro mundo. Xunto coa Santa Compaña vai tamén unha persoa viva abrindo a comitiva e portando na man un caldeiro cun hisopo. Esta persoa viva incorpórase á compaña de ánimas á media noite, cando esperta na súa cama e tras erguerse diríxese ata un lugar de encontro coas ánimas.
Cando a Santa compaña aparece nese lugar de encontro, esta persoa viva incorpórase á procesión de mortos e vai con eles o resto do camiño ata completar a súa encomenda.
Cando algunha outra persoa se atopa coa santa compaña debe protexerse dela para que non quede presa do seu maleficio (relevar a persoa viva que vai na comitiva). Para lograr esta protección, esa persoa ten que facer –entre outros rituais- un círculo no chan e meterse dentro.
A historia que imos contar comeza nun bar onde Muíños pasa a súa aburrida vida bebendo chupitos e tocando o acordeón.
Повторяем попытку...
Доступные форматы для скачивания:
Скачать видео
-
Информация по загрузке: