Camiño do Monxe. A Fábrica da Luz-Parada de Sil - 22 novembro 2025 - Roteiros Galegos
Автор: Roteiros Galegos
Загружено: 2025-11-29
Просмотров: 61
Описание:
A segunda etapa do Camiño do Monxe comeza onde rematamos a anterior, na Fábrica da Luz. Camiñamos polas pasarelas do Canón do Mao ata chegar á ponte que cruza o río, e seguimos de fronte ate chegar á aldea de Barxacova. O camiño vai dende aquí, durante varios quilómetros, en paralelo ao río Sil, alternando zonas de viñedos con bosques ata chegar a Rabacallos. Neste punto comeza unha forte subida ata os Balcóns dos Mouros, onde hai uns miradoiros impresionantes sobre o río Sil. Seguimos a ruta e acadamos o Mosteiro de Santa Cristina. Dende este punto, en ascenso, chegamos ao lugar de Castro e xa só nos queda chegar a Parada de Sil, onde remata a ruta. A actividade é dura, polo desnivel e porque algúns tramos de sendeiros son incómodos por ser vellos camiños empedrados, estreitos e medio desfeitos. A ruta goza dunhas paisaxes impresionantes e uns bosques fermosos. As vistas do canón do Sil dende os miradoiros son espectaculares.
Lonxitude: 18,2 km
Desnivel: alto, forte nalgún punto
Dificultade: media-alta
Повторяем попытку...
Доступные форматы для скачивания:
Скачать видео
-
Информация по загрузке: