CLUB ENXEÑAR 2025_Os Universos Sonoros
Автор: CMUS PROFESIONAL DE VIGO
Загружено: 2025-05-21
Просмотров: 105
Описание:
Este ano as persoas que conforman o club decidiron vestirse de astronautas che@s de soños, viaxando polo Universo e chegando a diferentes planetas cargadiños de sons, cada un o seu particular.
Así que se queredes viaxar con nós, agora Astronautas Durmintes, por eses Universos Sonoros que vos propoñemos, xa sabedes, darlle ao clic e deixarvos levar.
Nesta XII mostra, unha vez máis o club inventa e interpreta dende o guión ata o vestiario, e realiza a BSO en directo o día da actuación, que este ano foi o 9 de Maio. As pezas que escoitaredes no vídeo non están interpretadas por nós, e como ben sabedes, soará música de compositoras, nesta ocasión tres.
Grazas unha vez máis a Rebeca Carrera e ao equipo de EDLG polo seu apoio incondicional ano tras ano, e como non, a estes nenos e nenas que cada venres fixeron que me sentira a profesora máis feliz do mundo.
Tampouco quero esquecer á nai de Elba, Mónica, que fixo o esforzo de vestir a súa filla para o vídeo; a Ana Longina que tocou a gaita fenomenal o día da actuación; e por suposto non esquezo a Cristian Silva, por contar de novo con nós para o podcast do Conservatorio “Os contos da miñoca” que podedes ver a continuación.
• Programa 2x05 - Club Enxeñar 24/25
Creadora e coordinadora do Club Enxeñar: Gloria RG
Повторяем попытку...
Доступные форматы для скачивания:
Скачать видео
-
Информация по загрузке: