2025. 19 Oct. Pasodoble Pusiano. Banda Artística de Merza (Pontevedra)
Автор: Disfrutar coa Música
Загружено: 2025-10-29
Просмотров: 453
Описание:
Pasodoble Pusiano de Simón Couceiro Riveira
Banda Artística de Merza
Dirixe: Mateo Gómez
XVIII Certame Galego de Bandas de Música
Pazo da Cultura (Pontevedra)
A "Banda Artística de Merza" gañou o certame con 94,92 puntos,
Seguida pola "Banda Musical de Loivos" (Portugal) con 94,83 puntos
En terceiro lugar quedou a "Banda Nova de Fermentelos" (Portugal) con 91,5 puntos
E na cuarta posición a tamén portuguesa "Banda Musical de Sào Cipriano A Nova" con 81,92 puntos
Pasodoble Pusiano
---------------------------------
É unha obra breve e vibrante dedicada a un tubista da Banda Artística de Merza o que lle confire un carácter persoal e emotivo
A composición forma parte dunha liña creativa de Couceiro na que mestura tradición da música de banda con guiños ao contorno máis inmediato e á comunidade musical da súa contorna
Musicalmente, o pasodobre destaca pola súa enerxía rítmica: seccións alternadas onde se sucede un tema de presentación enérgico, momentos máis líricos e un final vibrante que busca deixar unha impresión festiva no público
Ademais, o feito de que o compositor dedíque a obra a unha persoa concreta engade un valor sentimental de recoñecemento
Banda Artística de Merza
-----------------------------------------
É unha das formacións musicais máis antiga do país. Fundouse oficialmente no ano 1828 na parroquia de Merza, pertencente ao concello de "Vila de Cruces", na provincia de Pontevedra
Ao longo da súa historia, a banda pasou por diferentes etapas. Nos anos trinta do século XX chegou a dividirse en dúas formacións,na coñecida como “Banda Vella” e a “Banda Nova”, que máis tarde se reunificaron en 1939. En 1970 crease a súa propia escola de música
En 2024 acadou o primeiro premio no Certame Internacional de Bandas de Música “Villa de Aranda”, sendo recoñecida tamén polo seu director
Banda Artística de Merza é un referente cultural e social. O seu traballo contribúe á difusión da música galega, á formación artística da xuventude e á conservación dun patrimonio musical que une xeracións
.................................
Momentos vividos coa música
Todos os momentos son únicos e irrepetibles
Повторяем попытку...
Доступные форматы для скачивания:
Скачать видео
-
Информация по загрузке: