Jornada ( Lopes-Graça / Gomes Ferreira) - Vozes ao alto (HD) (Subtítulos Galego / Castellano)
Автор: gonzalo blanco
Загружено: 2022-04-15
Просмотров: 558
Описание:
Fernando Lopes-Graça foi detido, por primeira vez, pola ditadura portuguesa en 1931, pouco antes de que Salazar chegase ao poder, cando saía do Conservatorio de Música, onde acababa de graduarse coa máis alta cualificación. A partir dese momento, para o mestre Lopes-Graça foi un continuo entrar e saír das prisións salazaristas e, nos escasos momentos de liberdade, compor obras de protesta, como a colección de "Canções Heróicas", baseada nos versos dos máis grandes poetas portugueses da época, sistemáticamente censuradas e que sempre lle valeron novas condenas e encarceramentos.
“Xornada”, unha das "Canções Heróicas", é un canto aos combatentes contra a ditadura, á camaradería e a militancia, foi escrito, na década do 1960, por un dos máis grandes poetas portugueses, José Gomes Ferreira, antifascista e membro do Movemento de Unidade Democrática (MUD). A canción, censurada pola PIDE, converteuse nun dos himnos da oposición democrática.
Lopes-Graça e Gomes Ferreira militaron no MUD e o PCP.
Interpretación colectiva, durante o confinamento por COVID, a cargo do Coro Polifónico Eborae, Coro da Universidade de Lisboa, Grupo Coral Viva Voz, Grupo Coral Laudamus, Alumnos da Escola de Música de Nª Sª do Cabo e Coro Cardif.
Повторяем попытку...
Доступные форматы для скачивания:
Скачать видео
-
Информация по загрузке: