Plans GRATIS en ISTAMBUL |
Автор: TOXÍO
Загружено: 2024-01-19
Просмотров: 31
Описание:
🕌🌇 Istambul é unha cidade xigante con moitos plans para facer gratis.
🤑 Estes son algúns dos mellores:
📷 Subir ao miradoiro de Pierre Loti. Podes subir paseando o inmenso cemiterio de Eyup para gozar dunha das mellores panorámicas da cidade. Se queres pagar un pouquiño, podes subir no teleférico. Vale menos dun euro coa Istambulkart.
🕌 Visitar a Mesquita de Camlica: unha mesquita destinada a verse desde calquera punto da cidade. Está na parte asiática e é a mesquita máis grande de Asia Menor. É colosal e a entrada é completamente gratuíta. Ten unhas vistas panorámicas brutais.
🚶🏽Pasear polo barrio de Balat: o antigo barrio xudeu de Istambul, a día de hoxe corazón do ambiente hipster do corno de ouro. Rúas con casas de cores, tendas e restaurantes alternativos e un ambiente chulo. Ademais, poderás visitar algunhas igrexas ortodoxas bizantinas próximas como San Xurxo ou Santo Estevo.
🍊 Visitar o mercado local de Fatih: como alternativa a pasear o Gran Bazar (un plan guai pero moi turístico), está este típico feirón. Celébrase os mércores nos arredores da mesquita de Fatih (que recomendamos visitar). Roupa, doces, comida, bixutería, verdura e froita fresca… Unha experiencia para vivir!
⛴️ EXTRA POR MENOS DUN EURO: cruzar o Bósforo en ferri público. O transporte público de Istambul é unha caixa de sorpresas. Se decides tomar o ferri público para cruzar ao lado asiático, poderás gozar das vistas desde o Bósforo por menos dun euro coa tarxeta de transporte Istambulkart. Recomendámosche o traxecto Eminonu-Kadikoy, xa que é máis longo e ten menos xente.
💸 En xeral, moitos plans relacionados con pasear ou entrar en mesquitas son gratuítos, así que non hai escusa!
📲 Garda este post para poder gozar de Istambul sen gastar moito ou envíallo a alguén que vaia a visitar a cidade.
Ocórreseche algún outro plan deste estilo? Déixanos un comentario e síguenos para aforrar de viaxe.
#Istambul #viaxarbarato #fyp #istanbul
Повторяем попытку...
Доступные форматы для скачивания:
Скачать видео
-
Информация по загрузке: