ycliper

Популярное

Музыка Кино и Анимация Автомобили Животные Спорт Путешествия Игры Юмор

Интересные видео

2025 Сериалы Трейлеры Новости Как сделать Видеоуроки Diy своими руками

Топ запросов

смотреть а4 schoolboy runaway турецкий сериал смотреть мультфильмы эдисон
Скачать

Mamá, papá, quero ser cantante | Xoana | LGx15

Автор: CTNL

Загружено: 2020-01-24

Просмотров: 2599

Описание: Intervención de Xoana no LGx15 de 2019
---
Expoño a miña experiencia como galegofalante, castelanfalante e a miña volta ó galego como primeira lingua; ademais, comparto a miña visión sobre a música galega antes e despois de introducirme nela, así como os meus obxectivos musicais. Outros puntos que trato son os prexuízos lingüísticos, moi ligados á autoestima do pobo galego, e a implicación da mocidade á hora de crear cultura.
---
O meu nome é Xoana e cos meus 20 anos acabo de publicar Dardos, o meu primeiro disco. Este traballo ten como principal aliada a lingua galega, e promociona o uso desta coa axuda de ritmos coma o pop, o rock, o jazz, o funky e mesmo o reggae. Dardos é o disco co que acabo de irromper no mundo da música e utilizo así esta coma un medio de denuncia. Todas as cancións xiran arredor de temas actuais que precisan ser escoitados e que mellor que a música para invitar a realizar cambios!

A diversidade de cancións e estilos está sempre presente nas distintas composicións, polo que o disco goza de riqueza musical e temática.

Son os prexuízos e a ignorancia os que limitan a un idioma, e é ben sabido o sufrimento que estes lle causaron ó longo dos anos á cultura de Galicia; é por iso polo que me empeño en demostrar a súa valía a través deste disco.

Dende tempos inmemoriais, voces antigas loitaron por un galego digno de Galicia e por un recoñecemento do prestixio idiomático. De aí que me sume a tal causa, xa que unha lingua crece día a día e necesita ó seu carón as ferramentas e os apoios precisos para desenvolverse nesta nosa actualidade.

Dardos

Todas as cancións teñen unha mensaxe social e expresan queixas resumidas no título cunha soa palabra, a modo de dardos, pequenos mais precisos.

Así pois, temas como “Mártires” teñen presentes os laios de todas aquelas mulleres vítimas da violencia de xénero, unha das peores lacras da nosa sociedade. “Anceios” visibiliza a aqueles que marchan fóra da súa terra na busca doutra á que poder chamar fogar, homes e mulleres incomprendidos por un primeiro mundo que, como “Egoísmo” indica, está engordado por complexos que ninguén deixa aflorar’. Porén, tamén se tratan temas de carga positiva, relacionados coa amizade, co amor e coa importancia de deixar os problemas marchar e aprender a convivir cos nosos erros sen seguir culpándonos polos danos cometidos. Dentro desta temática hai varias cancións, como poden ser “Aliado” ou “Un salvavidas”.

Por outra banda, Dardos está orientado a achegarlles ós máis novos a música galega e en galego, e que asemade a sintan como algo propio, de xeito semellante ó que eu experimentei.

Por un galego que derrube fronteiras e estea libre de prexuízos! A música move o mundo e así se marcan os cambios.

Dardos en Spotify: https://open.spotify.com/artist/5VS3R...

Dardos en iTunes:   / dardos  

Videoclip de “Mártires”:    • Xoana - Mártires  

Videoclip de “Aliado”:    • Xoana - Aliado  

https://www.xoana.gal/
---
#LGx15. Ideas para o futuro da lingua | www.lgx15.gal | Auditorio Constante Liste | A Ramallosa | Teo | 9 de novembro de 2019 | Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua (CTNL) | www.ctnl.gal

Не удается загрузить Youtube-плеер. Проверьте блокировку Youtube в вашей сети.
Повторяем попытку...
Mamá, papá, quero ser cantante | Xoana | LGx15

Поделиться в:

Доступные форматы для скачивания:

Скачать видео

  • Информация по загрузке:

Скачать аудио

Похожие видео

Vitamina G, activa a túa lingua! | Mariña Lema | LGx15

Vitamina G, activa a túa lingua! | Mariña Lema | LGx15

Os medios públicos galegos: parte de nós | Neves Rodríguez | LGx15

Os medios públicos galegos: parte de nós | Neves Rodríguez | LGx15

Música pop e normalización lingüística | Verto | LGx15

Música pop e normalización lingüística | Verto | LGx15

ComuniCanto en galego | Fátima Pego | LGx15

ComuniCanto en galego | Fátima Pego | LGx15

Chansons Françaises de Paris | Voyage Romantique en Musique

Chansons Françaises de Paris | Voyage Romantique en Musique

xoana - en secreto

xoana - en secreto

⚡️ Требование Путина выполнено || Попытка ареста Зеленского?

⚡️ Требование Путина выполнено || Попытка ареста Зеленского?

Unha galegofalante nas aulas de Compostela | María Maroño | LGx15

Unha galegofalante nas aulas de Compostela | María Maroño | LGx15

French Paris Chanson🎼Un Voyage Romantique Entre Mélodies Douces et Émotions Sous le Ciel de Paris 🇫🇷

French Paris Chanson🎼Un Voyage Romantique Entre Mélodies Douces et Émotions Sous le Ciel de Paris 🇫🇷

Зеленский обратился к Путину / Срочный ответ Москвы

Зеленский обратился к Путину / Срочный ответ Москвы

Мне 73. Я жалею, что понял это только сейчас.

Мне 73. Я жалею, что понял это только сейчас.

Onde está o teito da música en galego? | Rodri Míguez | LGx15

Onde está o teito da música en galego? | Rodri Míguez | LGx15

Un bo médico ou un médico galegofalante? | Miguel López del Pueyo | LGx15

Un bo médico ou un médico galegofalante? | Miguel López del Pueyo | LGx15

Как обращаться в Польше к людям?

Как обращаться в Польше к людям?

연말 norah jones

연말 norah jones

«Сыграй На Пианино — Я Женюсь!» — Смеялся Миллиардер… Пока Еврейка Не Показала Свой Дар

«Сыграй На Пианино — Я Женюсь!» — Смеялся Миллиардер… Пока Еврейка Не Показала Свой Дар

Onde cabe unha lingua caben dúas | Sole Felloza | LGx15

Onde cabe unha lingua caben dúas | Sole Felloza | LGx15

Jedyna taka rozmowa - Justyna Steczkowska z synami.

Jedyna taka rozmowa - Justyna Steczkowska z synami. "DLA NAS TO PO PROSTU MAMA"

O que tal hai na música galega! | Lara Tigre | LGx15

O que tal hai na música galega! | Lara Tigre | LGx15

The Most Emotional Italian Love Songs | 60s Vintage Love Playlist

The Most Emotional Italian Love Songs | 60s Vintage Love Playlist

© 2025 ycliper. Все права защищены.



  • Контакты
  • О нас
  • Политика конфиденциальности



Контакты для правообладателей: [email protected]