Compañeiro Daniel (Suso Vaamonde)
Автор: Cancións en galego
Загружено: 2016-01-30
Просмотров: 54060
Описание:
Hoxe, para conmemorar o 130 aniversario do nascemento de ADR Castelao escollimos subir este mítico poema de Darío X. Cabana titulado "Alfonso Daniel Rodríguez Castelao" e musicado por Suso Vaamonde no seu disco "Nin rosmar un laído" (1977)
(Imaxe de @Goat_Galiza)
⚠️No vídeo hai un erro no último verso da primeira estrofe (con mão á = coma unha*)
LETRA
Compañeiro Daniel de vida innumerable
como os astros do ceo i os camiños do mar
na tenebrosa noite da patria inhabitable
témoste no recordo coma unha luz alba.
A ti falo Daniel morto lonxe da terra
es noso i a túa luz alumea a escuridá
que nos deixou a historia de tres anos de guerra
en que os lobos mataron a luz e libertá.
Compañeiro Daniel, as pistolas sonaban
i enloitaron cunetas con sangue loitador
as pistolas sonaban i os bandidos berraban
a terrible victoria do odio e do terror.
E ti fúcheste lonxe predicar no deserto
pra erguerdes un exército que endexamais loitou
e morriches un día sin veres entreaberto
o camiño da volta que a túa alma soñou.
Pro na Patria abatida e do pobo explotado
nacimos nós os fillos da morte e do tristén
percurando furiosos vinganza e novo Estado
i unha roxa alborada sin cabo nin comén.
I a ti bo compañeiro que o furacán aleive
matou desesperado na outra banda do mar
Prometémosche a terra dunha Galicia ceibe
pra enterrar los teus ósos onde teñen que estar.
Повторяем попытку...
Доступные форматы для скачивания:
Скачать видео
-
Информация по загрузке: