Premio Traxectoria 2025 - Antón Corral - Premios Artesanía de Galicia
Автор: Fundación Pública Artesanía de Galicia
Загружено: 2026-02-09
Просмотров: 2
Описание:
🏆 O Premio Traxectoria 2025 é para Antón Corral Martínez (A Coruña, 1936), artesán especializado na construción de gaitas dende os anos 70, pola súa inmensa achega á música e á artesanía galegas ao longo de máis de cinco décadas.
Antón Corral foi unha das persoas máis sobranceiras no eido da experimentación instrumental da música tradicional galega e o seu nome forma parte xa da historia cultural de Galicia.
Artesán especializado na construción de gaitas dende os anos 70, onde foi pioneiro na recuperación, na experimentación e na difusión dos instrumentos populares galegos. Foi fundador do “Obradoiro Escola de Instrumentos Populares de Vigo” onde desenvolveu un importante labor como mestre de varias xeracións de artesáns dende os anos 80 ata o 2000. Tras deixar a docencia, continuou coa súa actividade artesanal no seu obradoiro de Tui, xunto co seu neto Ramón Corral - titular actual do Obradoiro antón corral -, mantendo intactas a ilusión e a creatividade que o acompañaron dende os seus comezos.
#artesaniadegalicia #PremioTraxectoria2025 #PremiosArtesaniadeGalicia2025
Повторяем попытку...
Доступные форматы для скачивания:
Скачать видео
-
Информация по загрузке: