IV SUBIDA A TABOADELA 2023 Sábado 2a Carreira
Автор: Federación Galega de Automobilismo
Загружено: 2023-08-19
Просмотров: 1534
Описание:
A Subida a Taboadela, co seu rápido trazado, acolle esta fin de semana a cuarta proba do Campionato Galego de Montaña, nunha cita que terá 50 equipos na liña de saída situada en pleno corazón da localidade ourensá.
Un ano máis, Taboadela acollerá aos mellores especialistas autonómicos, con especial atención a impresionante Norma de Jacobo Senín, a Celtic de Alexis Vieitez ou os monoprazas de tres ourensáns con moito que dicir, Abrahán Vázquez, Pablo Rey e Jorge Fernández Vilarchao.
Entre os carrozados será interesante ver a batalla entre Manuel Senra, que competirá co Peugeot 308 TCR e Jorge Pérez Alonso, co seu habitual Porsche 991 GT3.
A proba, que será retransmitida íntegramente polo canal de Youtube da Federación Galega de Automobilismo grazas ao acordo alcanzado con Live Sports, comezará o sábado as 15:30 horas coa primeira manga de adestramentos. A continuación terán lugar as dúas ascensións oficiais da xornada.
Para o domingo, dende as 09:00 horas, mesmo programa. Primeiro a manga de adestramentos e a continuación, turno para as dúas pasadas oficiais restantes.
Ao término da proba, na Praza do Concello de Taboadela, será o momento da entrega de trofeos aos gañadores.
Повторяем попытку...
Доступные форматы для скачивания:
Скачать видео
-
Информация по загрузке: