Alto de Terreiros. Babia - 29 maio 2025 - Roteiros Galegos
Автор: Roteiros Galegos
Загружено: 2025-06-17
Просмотров: 34
Описание:
@Roteirosgalegos
O Alto de Terreiros é un cumio situado no sur de Babia, xa no límite con Omaña. A ruta comeza en
Mena de Babia, un fermoso pobo do concello de Cabrillanes. É un percorrido que nos leva por
paisaxes típicas de Babia, por amplas zonas de pastos gandeiros. O camiño avanza por unha pista cómoda e ao pouco se adentra no val do río do Monte. Antes de chegar ao fondo do val sepárase do río e a pendente aumenta ata chegar aos 1700 m de altitude, ao pé de Peña Blanca. Dende aquí seguimos a media ladeira pola pista que pouco a pouco vai desaparecendo e converténdose nun sendeiro. Só queda facer o último esforzo antes de chegar ao cumio. Dende o mesmo temos unhas vistas estupendas de gran parte de Babia, Omaña e Laciana. O regreso é polo mesmo sitio.
A ruta non ten moita dificultade salvo pola forte pendente nalgúns puntos. Pode haber lama en caso
de choiva.
Lonxitude: 16 km
Desnivel: medio/alto
Dificultade: media/alta
Повторяем попытку...
Доступные форматы для скачивания:
Скачать видео
-
Информация по загрузке: