Os 9 asasinados do Val Miñor
Автор: Orgullo Galego
Загружено: 2024-05-22
Просмотров: 182
Описание:
🥺Estas pintadas teñen unha tráxica historia
Dalle moita difusión!
👉Na curva da parroquia de Baredo en Baiona está localizada a popular Volta dos 9.
👉Neste lugar o 16 de Outubro de 1936 foron fusiladas 9 persoas do Val Miñor concretamente de SABARÍS E PANXÓN, 7 mariñeiros, un ferreiro e un labrego.
👉Estes veciños estaban detidos en Vigo, colleron a estas 8 persoas e leváronos cos ollos tapados á curva da Bombardeira para ser fusilados. A veciñanza da zona negouse a calar e mantivo viva a sua memoria pintando estas cruces sobre a terra de xeito clandestino e logo na parede, cruces que eran borradas sistematicamente polas autoridades pero que voltaban aparecer.
👉Non había orde para que fosen fusilados, a Falanxe decidiu fusílalos por carraxe e vinganza
👉Durante moitos anos estiveron nunha fosa común que os veciños e familiares marcaban para nunca esquecer onde taban. No ano 2009 puideron darlle un enterro digno.
👉Hoxe é coñecido popularmente como A Volta dos Nove e ten instalada unha escultura de Fernando Casas xunto a 9 cruces.
Manuel Aballe Dominguez, mariñeiro de Panxón de 41 anos. Tiña dous fillos
Felicísimo A. Pérez Pérez.- mariñeiro Panxón, 44 anos.
Elias A. Gonda Alonso ,- labrego de 36 anos e veciño da Ramallosa. Tiña 3 fillos.
Manuel Fco. Lijó Pérez de 34 anos, mariñeiro en Baíña. Tiña 5 fillos
Modesto Fernández Rodríguez, "O Rei Chiquito", de 47 anos, mariñeiro de Panxón. Tiña 6 fillos
Fidel Leyenda Rodríguez, de 51 anos, mariñeiro de Baiona.
José Rodríguez González, de 45 anos. Tiña 5 fillos.
Manuel Barbosa Durán, "O Ferreiro do Burgo", 30 anos de idade, mecánico en Panxón. Tiña 4 fillos
Generoso Valverde Iglesias, de 37 anos e mariñeiro de Panxón. Tiña 6 fillos
Recomendamos o documental " a volta dos 9"
Повторяем попытку...
Доступные форматы для скачивания:
Скачать видео
-
Информация по загрузке: