Rolda de prensa | Presentación da campaña do
Автор: Concello da Coruña
Загружено: 2026-03-03
Просмотров: 16
Описание:
O Concello da Coruña presenta a campaña do 8M, Día Internacional das Mulleres, baixo o lema “Mulleres reais liderando o cambio”, unha iniciativa que se desenvolverá ao longo de todo o mes de marzo cun amplo programa de actividades culturais, divulgativas, educativas e comunitarias.
Nesta rolda de prensa íntegra, a alcaldesa, Inés Rey, subliña a necesidade de reforzar o compromiso democrático coa igualdade nun contexto marcado polos retrocesos e polas novas formas de violencia, especialmente no ámbito dixital: “Sen igualdade real, non hai liberdade plena”. Ademais, reitera a demanda á Xunta de Galicia para que A Coruña conte cun Centro de Crise 24 horas para vítimas de violencia sexual.
Pola súa banda, a concelleira de Benestar Social, Participación e Igualdade, Nereida Canosa, afonda no enfoque da campaña, que pon o foco nas múltiples desigualdades que atravesan as vidas das mulleres e na importancia de incorporar a perspectiva feminista tamén nos espazos tecnolóxicos e dixitais.
A programación inclúe:
▪ O encontro “Mulleres que son e están”, con voces referentes do feminismo interseccional.
▪ O ciclo divulgativo “Mulleres e saúde”, con cinco sesións abertas á cidadanía.
▪ Actividades de coeducación en centros escolares.
▪ Propostas específicas para a mocidade centradas na cultura dixital e a igualdade.
▪ O ciclo “Mulleres de cine” no Teatro Colón.
▪ A Carreira Popular Torre de Hércules e a Andaina conmemorativa do 8M.
Consulta a programación completa na web municipal e nos perfís oficiais do Concello da Coruña.
#8M #MulleresReais #ACoruña #Igualdade #ConcelloDaCoruña
Повторяем попытку...
Доступные форматы для скачивания:
Скачать видео
-
Информация по загрузке: