Sociedad Atlética Val Miñor - Premio Nigrán 2023 ao 'Mérito Deportivo'
Автор: Concello de Nigrán
Загружено: 2023-03-20
Просмотров: 234
Описание: A Sociedad Atlética Val Miñor foi fundada no ano 1994 en Gondomar por recoñecidos deportistas do atletismo vigués que desexaban crear canteira na comarca e facilitar así a súa práctica no Val Miñor. A Sociedade está presidida por Guillermo Martínez e a conforman a día de hoxe 120 atletas de toda a comarca desde os 4 aos 60 anos e tres adestradores, entre os que se atopa Óscar Fernández con licencia nacional. A base de adestramentos, ademais de Gondomar, inclúe en Nigrán o Pavillón Municipal de Panxón, Porto do Molle ou Praia América no verán e, en Vigo, as pistas de Balaídos e da Universidade. Entre os seus canteiráns máis destacados están Ainhoa Reparaz (campiona de España sub-18 en 100 metros ou bronce por relevos en Europa), Ricardo Cortizo (ouro en 400 metros no campionato galego) e Adrián Bernárdez (subcampión galego en 100 e 300 metros). O Concello de Nigrán desexa con este premio recoñecer o traballo da SA Val Miñor de promoción e consolidación do atletismo entre a mocidade da comarca, conquerindo en menos de 20 anos ser un dos mellores clubes de toda Galicia e recoñecido a nivel nacional.
Повторяем попытку...
Доступные форматы для скачивания:
Скачать видео
-
Информация по загрузке: