ycliper

Популярное

Музыка Кино и Анимация Автомобили Животные Спорт Путешествия Игры Юмор

Интересные видео

2025 Сериалы Трейлеры Новости Как сделать Видеоуроки Diy своими руками

Топ запросов

смотреть а4 schoolboy runaway турецкий сериал смотреть мультфильмы эдисон
Скачать

MELIDAOS interpretan "Foliada namoradeira". Alala.TVG

Автор: Alalá TVG

Загружено: 2018-01-30

Просмотров: 38654

Описание: OS MELIDAOS interpretan a "Foliada namoradeira" para o Alalá nº 218 "Foliada en Carboeiro". Con esta peza inciamos a publicación das pezas interpretadas no programa. Grazas a todos por vernos na TVG.

FOLIADA NAMORADEIRA (Música: Tradicional – Antonio Raposo Vidal. Letra: Tradicional – Antonio Raposo V.)

Esta foliada fala da alegría de ver a persoa amada e da tristura da súa ausencia. Tanto na súa letra como na súa música ten parte tradicional e parte de autor, pretendendo ser unha amálgama entre o antigo e o moderno, pois o namoramento non ten época.

Máis información sobre OS MELIDAOS:
  / osmelidaos  
http://musicaengalego.blogspot.com.es...

Os Melidaos nacen no ano 2001 en Melide pola unión de músicos de diferentes xeracións e variada procedencia que consideran que a música tradicional é un tesouro que cómpre conservar.

Os sete membros dos Melidaos son:

Pepiño Blanco López- Bombo (Melide)

X. Luís Casal Lema- Tamboril (Oleiros)

Antonio Raposo Vidal- Gaita, pínfano e pandeireta (Arzúa)

Diego González Vázquez- Gaita e pandeireta (Sada)

Xele Barrio Blanco- Acordeón (Melide)

Pilar Ramallal Fernández- Gaita e pandeireta (Ribadeo)

Carlos Barbeito Bello- Gaita (Oleiros)

O repertorio dos Melidaos nútrese de pezas do cancioneiro tradicional, dos arquivos dos catro Coros Históricos, de diferentes cuartetos ou agrupacións relevantes do noso país, cancións recollidas por eles mesmos; así como outras pezas da súa creación.

Os Melidaos suman xa tres discos no mercado:

1.- “Que ben baila, que ben baila” (2009)

2.- “Axudádeme a cantar” (2012) no que incluíron, por vez primeira, as voces dos seus membros.

3.- “Festa na Codeseira” con máis da metade das pezas tamén cantadas. O disco contén 15 pezas con importante presenza da voz e con máis da metade das mesmas compostas por Antonio Raposo Vidal. Un disco con pasodobres, muiñeiras, valses, foliadas, pasacorredoiras e, por suposto, alalás, pezas imprescindibles na nosa tradición musical polas que Os Melidaos senten auténtica devoción.

Na actualidade están gravando o seu cuarto disco que agardan presentar no ano 2018.

Os Melidaos levan anos investigando, conservando, poñendo en valor e divulgando a enorme riqueza musical deste País. Un grupo que goza coa nosa música, que busca a información de cada unha das pezas que interpreta, que respecta coa máxima fidelidade as cancións que chegan ata eles e que, por enriba de todo, amosan orgullo interpretando a música galega.

Os Melidaos, profundos admiradores dos catro Coros Históricos, son moi respectados no panorama tradicional polo seu enorme tino, seriedade e autenticidade á hora de vestir e de interpretar a música con fonda raíz.

“A música tradicional é un tesouro que cómpre conservar. Debemos apoiar, potenciar e respectar a nosa música porque forma parte esencial da nosa cultura, do noso ser como pobo. O pobo que non amosa orgullo polas súas raíces, non terá futuro como tal”.

Visita a nosa canle: http://alala.crtvg.es

Не удается загрузить Youtube-плеер. Проверьте блокировку Youtube в вашей сети.
Повторяем попытку...
MELIDAOS interpretan "Foliada namoradeira".   Alala.TVG

Поделиться в:

Доступные форматы для скачивания:

Скачать видео

  • Информация по загрузке:

Скачать аудио

Похожие видео

Alalá nº 63 Músicas Completas de

Alalá nº 63 Músicas Completas de "Os Terribles de Donas" - TVG

TREIXADURA interpreta

TREIXADURA interpreta "Cantigas de Camariñas"

Muiñeira de cabana

Muiñeira de cabana

МАЖОРЫ подрезали ДЕДА на трассе и потребовали деньги... Они ещё не знали, что ПОДПИСАЛИ ПРИГОВОР

МАЖОРЫ подрезали ДЕДА на трассе и потребовали деньги... Они ещё не знали, что ПОДПИСАЛИ ПРИГОВОР

CATS

CATS

Foliada Namoradeira

Foliada Namoradeira

После встречи с Трампом: в Германии обсуждают поведение Мерца

После встречи с Трампом: в Германии обсуждают поведение Мерца

Джем – MELIDAOS interpretan

Джем – MELIDAOS interpretan "Foliada namoradeira". Alala.TVG

После 50 лет: 3 продукта для завтрака, замедляющие старение | ПАМЯТЬ И МОЗГ

После 50 лет: 3 продукта для завтрака, замедляющие старение | ПАМЯТЬ И МОЗГ

Os diplomáticos do acordeón - Danzas de Forcarei (Luar - TVG)

Os diplomáticos do acordeón - Danzas de Forcarei (Luar - TVG)

Внезапно в Германии. Переполох в Берлине. Происходит невероятное. Новости сегодня

Внезапно в Германии. Переполох в Берлине. Происходит невероятное. Новости сегодня

"Mar de Vigo", "Amoriños", canciones marineras gallegas por Malvela - Subts.: gallego-español

Alalá nº 51 Musicas completas de

Alalá nº 51 Musicas completas de "Os Rosales" - TVG

Вокруг света в музыке | 2 часа инструментальных путешествий

Вокруг света в музыке | 2 часа инструментальных путешествий

OS MELIDAOS - Polo rueiro de Bando (10-5-2019)

OS MELIDAOS - Polo rueiro de Bando (10-5-2019)

RUMBA DO GAITEIRIÑO DE ALDÁN

RUMBA DO GAITEIRIÑO DE ALDÁN

Tanxedoras -

Tanxedoras - "Vente vindo" Xota do Hío

Treixadura 2012. O merlo.

Treixadura 2012. O merlo.

Alalá nº 214

Alalá nº 214 "Música de Galicia. Especial dende Allariz" - TVG

La Bregeole  par la Sabotée Celloise

La Bregeole par la Sabotée Celloise

© 2025 ycliper. Все права защищены.



  • Контакты
  • О нас
  • Политика конфиденциальности



Контакты для правообладателей: [email protected]