O presidente da Xunta participou nos actos da clausura do Bicentenario de Paradela
Автор: ADV
Загружено: 2023-03-11
Просмотров: 164
Описание:
Paradela (Lugo), 10 de marzo de 2023.- O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, puxo hoxe en valor o esforzo das Administracións locais e da súa veciñanza para seguir construíndo unha Galicia con futuro. O mandatario galego participou nos actos celebrados co gallo da clausura do Bicentenario de Paradela, co que colaborou o Goberno galego.
Alfonso Rueda recoñeceu o desvelo dos habitantes de Paradela por recuperar o seu pasado con iniciativas como a exposición Do tempo de luces-, reivindicar o seu presente -con actividades como A Paradela dos máis novos e sementar o seu futuro. O presidente da Xunta destacou a historia dun dos primeiros concellos galegos que acadou a oficialidade no século XIX e que foi escenario da creación na Idade Media da Orde dos Cabaleiros de Santiago, custodios do Camiño e dos peregrinos. Pero a entender do mandatario galego, Paradela ten tamén futuro polas súas potencialidades no sector primario e no turismo.
O titular do Goberno galego garantiu a colaboración da Xunta coas Administracións locais para atender as necesidades da veciñanza, especialmente as que van dirixidas á dinamización do rural. No caso de Paradela, referiuse especialmente ás liñas abertas para a atención dos maiores como as prazas públicas no centro de día e na residencia municipal e para a favorecer a conciliación -coa casa niño aberta no concello-, pero tamén as iniciativas para reverter a tendencia demográfica e darlle vida ao rural -como o plan pioneiro de incorporación das persoas mozas ás actividades agrarias ou a Estratexia Retorna-.
O Concello de Paradela celebrou o Bicentenario con diversas iniciativas de interese, como exposicións, conferencias, concertos ou a colocación dunha escultura en homenaxe aos cabaleiros da Orde de Santiago, entre outras actividades. Alfonso Rueda felicitou á veciñanza polo seu traballo en memoria de Paradela e da súa historia e destacou que facer grande o sitio no que se naceu e onde viven os pais é “facer grande Galicia”.
Повторяем попытку...
Доступные форматы для скачивания:
Скачать видео
-
Информация по загрузке: