Sempre hai unha primeira vez | Carlos Callón | LGx15
Автор: CTNL
Загружено: 2026-01-12
Просмотров: 143
Описание:
Intervención de Carlos Callón no LGx15 de 2025
---
Algunha vez te preguntaches cal foi o primeiro libro escrito en galego? E o primeiro publicado? E quen compuxo o primeiro disco? Que boca deu forma ao primeiro discurso? Que voz levou o primeiro podcast? Quen transmitiu o primeiro testamento, a primeira sentenza, o primeiro epitafio, a primeira pegada que nos fala na nosa lingua? Houbo tamén unha primeira vez nunha escola, unha primeira misa, un primeiro folleto, un primeiro anuncio, un primeiro casamento…
Cada inicio abriulle camiño ao que viña despois, sementando a posibilidade de tantas outras vidas, tantas outras palabras, tantas outras historias en galego.
Sempre hai unha primeira vez. Cal vai ser a túa?
---
Carreira docente
Na actualidade @CarlosCallón é profesor no IES San Clemente e na Universidade de Santiago de Compostela. Exerceu tamén en diversos centros galegos e no Instituto Español de Lisboa.
Formación académica
Doutor en Filoloxía pola Universidade da Coruña. Licenciado en Filoloxías Galega, Portuguesa e Románica pola Universidade de Santiago de Compostela, con estudos de posgrao nas universidades de Vigo e Barcelona.
Obra escrita
Publicou 13 libros, entre os que destacan:
"Como falar e escribir en galego con corrección e fluidez" (2012)
"O libro negro da lingua galega" (2022)
"Vidas e historias LGBT da Idade Media" (2025)
"Maxicamente vella, eternamente nova. A literatura tradicional galega" (2025)
Proxectos audiovisuais
Ideou, xunto con Sara Seco Rial, a serie "Unha tiktoker no Reino de Galiza" e, con Nós TV, o documentario "Maridos e sodomitas".
Principais distincións
Premio Vicente Risco de Ciencias Sociais (2011), Premio da Crítica de Investigación (2023), e premios Careón (2018) e Barbantia (2023) á traxectoria na escrita.
Compromiso social e institucional
Presidente de honra da Mesa pola Normalización Lingüística, entidade que dirixiu entre 2002 e 2014. Presidiu o Comité de Estado da Axencia Europea das Linguas Minoradas e é membro da Comisión sobre Identidades e Disidencias Sexuais do Consello da Cultura Galega.
---
#LGx15. Ideas para o futuro da lingua | www.lgx15.gal | Teatro Principal | Santiago de Compostela | 25 de outubro de 2025 | Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua (CTNL) | www.ctnl.gal
---
Colaboracións: @politicalinguistica | @concellodesantiagodecompos2772 | @DeleiteGalegoLeiteNoso | @fundaciongaliciasustentable
Повторяем попытку...
Доступные форматы для скачивания:
Скачать видео
-
Информация по загрузке: