video conrado arranz
Автор: ARMH Memoria Histórica
Загружено: 2025-09-26
Просмотров: 220
Описание:
CONRADO ARRRANZ
Profesor-Investigador asociado de tempo completo no Instituto Tecnológico Autónomo de México, ITAM. Membro do Sistema Nacional de Investigadores no nivel I e doctor en Literatura española e hispanoamericana foi investigador do proxecto no Seminario de Tradiciones Populares de El Colegio de México; asociado do Ateneo Español de México. Os seus temas de investigación son a literatura mexicana do século XX, a literatura tradicional e la tradición oral, as relaciones entre o cine e a literatura a través do guion, e o diálogo literario entre México e España.
Actualmente realiza parte das súas investigación sobre Syra Alonso.
SYRA MARÍA ALONSO BRUFAU
É unha das máis extraordinarias cronistas da represión franquista. Naceu na
Coruña en 1899. Filla dunha familia burguesa, moi nova coñeceu ao pintor
Francisco Miguel, co que compartiría vida e proxectos. Xuntos rexentaron a
Libraría da Arte na rúa Real, un espazo frecuentado por galeguistas e
republicanos. Fascinados pola cultura de vangarda, viaxaron en 1923 a París eCuba, para finalmente establecerse en México en 1926, onde conviviro cun amplo círculo de artistas e intelectuais. En 1933 regresaron coa súa familia á Coruña e estableceron o seu fogar en Santa Cruz de Oleiros, na que foi alcumada por Syra como Casa da Felicidade.
O 3 de agosto de 1936, Francisco Miguel foi detido polos sublevados e
asesinado. Os seus restos non serían identificados ata setembro de 2023,
cando foron exhumados pola ARMH.
A partir deste tráxico acontecemento, Syra inicia a escrita das súas memorias.
En 1942 consegue exiliarse en México xunto cos seus fillos Sandro e Alberto
Faleceu en 1970 na localidade mexicana de Actopan.
No ano 2000 saíron á luz os seus diarios, un documento clave da memoria
histórica galega. Escritos entre 1938 e 1945, os textos dan conta do horror vivido e da dignidade das mulleres galegas, ás que Syra rende homenaxe pola súa valentía fronte á brutalidade franquista.
Повторяем попытку...
Доступные форматы для скачивания:
Скачать видео
-
Информация по загрузке: