ycliper

Популярное

Музыка Кино и Анимация Автомобили Животные Спорт Путешествия Игры Юмор

Интересные видео

2025 Сериалы Трейлеры Новости Как сделать Видеоуроки Diy своими руками

Топ запросов

смотреть а4 schoolboy runaway турецкий сериал смотреть мультфильмы эдисон
Скачать

Ondas do mar de Vigo - Socorro Lira

Автор: ESTREMONIAS

Загружено: 2023-08-15

Просмотров: 461

Описание: Alalá nº 158: "Cores do Atlántico"
Emisión en Televisión de Galicia: 12/10/2010
   • Alalá nº 158 "Cores do Atlantico" - TVG  

CORES DO ATLÁNTICO
Cores do Atlántico é un traballo divulgativo-musical sobre as cantigas de amigo que ofrece unha nova perspectiva do xénero máis autóctono da nosa lírica medieval, desde unha dobre dimensión: a interpretación teórica da catedrática holandesa Ria Lemaire Mertens e a interpretación musical da cantautora brasileira Socorro Lira xunto doutros artistas da lusofonía. Ilustrado polo artista plástico Quique Bordell.

LÍRICA GALAICO-PORTUGUESA.
Produciuse durante un período duns 150 anos, que xeralmente vai desde finais do século XII ata mediados do século XIV.
É o resultado dunha mestura de poesía autóctona e tradición cortesán provenzal de importación, que gozaba daquela de grande prestixio. A influencia provenzal chegou polo Camiño de Santiago.
Pódense distinguir tres tipos de cantigas pola temática:
Cantigas de amor - Semellantes ás provenzais, nas que un señor expresa os seus amores.
Cantigas de amigo - De tradición autóctona, inexistentes na lírica provenzal, nas que a namorada relata a súa ansiosa espera polo seu amante ante un próximo confidente.
Cantiga de escarnio ou maldicir - Cancións de burla, con crítica satírica a un personaxe.

CANTIGAS DE AMIGO.
Dentro deste xénero recoñécense diferentes variantes temáticas.
Danzas - Expresan a alegría de amar e vivir, con métricas e ritmos que animan a bailar, e nos que os paralelismos e as repeticións responden á existencia de dúas voces ou coros que se alternan na execución segundo un formato moi tradicional.
Barcarolas ou mariñas - Cantigas nas que unha namorada espera por un namorado a beira do mar e ten ao mar como confidente.
Alboradas - Falan da separación dos namorados na madrugada.
Peregrinación - Moi propias da lírica galega portuguesa, que ambientan expectativas amorosas nunha romaría a un santuario ou unha ermida.
Os personaxes destas cantigas son:
A namorada - É a protagonista da composición que sofre pola ausencia do seu namorado. Nas Cantigas represéntanse diversos tipos de psicoloxía feminina: a inxenua, a narcisista, a esquiva ou vingativa.
A Nai - Xeralmente non aproba o encontro da filla co seu amante, ou tende a educala coa súa experiencia en relacións amorosas, ou ás veces provoca conflitos entre os amantes.
A confidente - Poden ser amigas, a nai ou elementos da natureza (paxaros, ondas, flores...).
A estrutura destas cantigas é a seguinte:
Presentan refráns, paralelismo e leixaprén.
Refrán - É un verso ou versos que se repiten ao final de cada estrofa.
Paralelismo - É unha repetición de versos na que unha palabra rimada é substituída por un sinónimo.
Leixaprén ( significa deixar-coller) - É a repetición dos segundos versos dun par de estrofas, como o primeiro da seguinte parella.

MARTÍN CÓDAX.
Foi un trobador galego da segunda metade do século XIII e principios do XIV, probablemente orixinario de Vigo ou vinculado a esta cidade, dadas as continuas referencias a ese lugar nos seus poemas.

ONDAS DO MAR DE VIGO.
Pertence ao xénero da Cantiga de Amigo e ao subxénero da Barcarola ou Mariña, suxerida pola presenza do mar, elemento natural ao que se dirixe a rapaza, querendo saber noticias da seu amado.
O mar aparece aquí como un confidente no lugar da nai ou da amiga, aínda que representa, ao mesmo tempo, un obstáculo que se interpón entre os dous seres queridos. Tamén se pode establecer unha relación entre o estado do mar e o estado de ánimo da nena, angustiada e desesperada pola ausencia da seu amado.
A estrutura é a seguinte:
Refrán - Ao final de cada estrofa repite: Ai Deus!, se ele vier cedo?
Paralelismo - Entre o verso dous da primeira estrofa (vistes o meu amigo?),e os segundo verso da segunda estrofa (vistes meu amado?).
Leixaprén - Entre o segundo verso da primeira estrofa (vistes o meu amigo?) e o primeiro da terceira estrofa (Vistes o meu amigo).

Ondas do mar de Vigo,
vistes o meu amigo?
Ai Deus!, se ele vier cedo?

Ondas do mar levado,
vistes meu amado?
Ai Deus!, se ele vier cedo?

Vistes o meu amigo,
ele por quen suspiro?
Ai Deus!, se ele vier cedo?

Vistes meu amado,
por quen teño esperado?
Ai Deus!, se ele vier cedo?

Не удается загрузить Youtube-плеер. Проверьте блокировку Youtube в вашей сети.
Повторяем попытку...
Ondas do mar de Vigo - Socorro Lira

Поделиться в:

Доступные форматы для скачивания:

Скачать видео

  • Информация по загрузке:

Скачать аудио

Похожие видео

Sedíame eu na illa de San Simón - Socorro Lira

Sedíame eu na illa de San Simón - Socorro Lira

Alalá nº 166

Alalá nº 166 "Uxía" - TVG

eeefa at The Jazz Bistro  - Wave

eeefa at The Jazz Bistro - Wave

Джем – Ondas do mar de Vigo - Socorro Lira

Джем – Ondas do mar de Vigo - Socorro Lira

ОКОНЧАТЕЛЬНОЕ РЕШЕНИЕ ПО ВОЙНЕ ПРИНЯТО! ПАСКОВ - ПРЯМОЙ ЭФИР! ЗАЛУЖНЫЙ ОБЪЯВИЛ ВОЙНУ ЗЕЛЕНСКОМУ

ОКОНЧАТЕЛЬНОЕ РЕШЕНИЕ ПО ВОЙНЕ ПРИНЯТО! ПАСКОВ - ПРЯМОЙ ЭФИР! ЗАЛУЖНЫЙ ОБЪЯВИЛ ВОЙНУ ЗЕЛЕНСКОМУ

Джеймс Уэбб ОБНАРУЖИЛ то, что меняет наше место во Вселенной!

Джеймс Уэбб ОБНАРУЖИЛ то, что меняет наше место во Вселенной!

Ondas Do Mar De Vigo - Anneliina Koskinen, Harp

Ondas Do Mar De Vigo - Anneliina Koskinen, Harp

Zapomniane historyczne kadry, które miały nigdy nie ujrzeć światła dziennego

Zapomniane historyczne kadry, które miały nigdy nie ujrzeć światła dziennego

Атака на кортеж правительства / Заговор против президента

Атака на кортеж правительства / Заговор против президента

Muiñeira vella ou Ribeirana de Limiñoa (Ponteceso) - O Fiadeiro

Muiñeira vella ou Ribeirana de Limiñoa (Ponteceso) - O Fiadeiro

Залужный идет

Залужный идет "в атаку". Принц Эндрю за решеткой. Мария Захарова жалко скулит.

Não Sou Melhor do Que Tu | Socorro Lira

Não Sou Melhor do Que Tu | Socorro Lira

МУРАЕВ ОТВЕЧАЕТ НА ГЛАВНЫЕ ВОПРОСЫ! Смотреть всем

МУРАЕВ ОТВЕЧАЕТ НА ГЛАВНЫЕ ВОПРОСЫ! Смотреть всем

Vira - Concha de Luneda e Xistra de Coruxo.

Vira - Concha de Luneda e Xistra de Coruxo.

Amor Cósmico

Amor Cósmico

Xota de Castro de Laza - Os Imposíbeis de Castro.

Xota de Castro de Laza - Os Imposíbeis de Castro.

ЖЕСТОКИЙ ФИНАЛ: Бероев сухо высказался о жене, с которой прожил 20 лет

ЖЕСТОКИЙ ФИНАЛ: Бероев сухо высказался о жене, с которой прожил 20 лет

Ukraina zrobiła coś NIEWIARYGODNEGO w Pokrowsku… Rosja nie ma szans!

Ukraina zrobiła coś NIEWIARYGODNEGO w Pokrowsku… Rosja nie ma szans!

Martin Codax - Ondas do mar de Vigo (Instrumental)

Martin Codax - Ondas do mar de Vigo (Instrumental)

Cana Verde e Vira de Olelas - Pandereiteiras de Ultreia

Cana Verde e Vira de Olelas - Pandereiteiras de Ultreia

© 2025 ycliper. Все права защищены.



  • Контакты
  • О нас
  • Политика конфиденциальности



Контакты для правообладателей: [email protected]