Rumba do Pombal - Orquestra de Acordeóns Lembranzas
Автор: Alf da Rúa
Загружено: 2024-10-29
Просмотров: 98
Описание:
Rescatado do fondo da hucha un audiovisual que me gravaran hai bastantes anos, cando xa tocaba as pezas de Xoan Carlos Rilo. Era aquela época que vivía en Ferrol e compartía unha parte do proxecto de Virxinia Calvo na Aula de Acordeón do Conservatorio, cando soñabamos que algún día Ferrol ofrecería alí o ensino da nosa gaita, e polo que ela moito loitou nos claustros, malia o desprezo dalgúns. Ao final acadouse. Mais entre tanto ela na Orquestra de Acordeóns reservaba medio concerto para a nosa música. Eu propúñalle o repertorio. Ela só me fixo unha proposta: Rilo. Aí coñecín a súa obra e comigo quedou para sempre.
Deixo enlace á súa páxina web, onde podedes entre outras cousas acceder ás partituras dos seus tres últimos discos, a triloxía "O ronsel do meu sentir". Aí poderedes atopar tamén a partitura concretamente desta preciosa Rumba do Pombal.
https://xoancarlosrilo.com/
Un pracer. Grazas a Xoán Carlos Rilo por isto e por todo o que xenerosamente nos ofrece.
Повторяем попытку...
Доступные форматы для скачивания:
Скачать видео
-
Информация по загрузке: