Un adiós a Mariquiña
Автор: Margarita Viso Soto
Загружено: 2013-02-12
Просмотров: 3399
Описание:
Un adiós a Mariquiña
Poema: Manuel Curros Enríquez.
Adicado a Mariquiñas Puga
Música: Juan José Castro, "Chané".
Mezzosoprano: María José Ladra
Piano: Margarita Viso
16-IX-2001
Teatro Rosalía Castro de A Coruña
Homenaxe na Coruña ó poeta Manuel Curros Enríquez (no sesquicentenario de nacemento: 1851-2001) Concello de A Coruña
Texto do poema:
Como ti vas pra lonxe
i eu vou pra vello,
un adiós, Mariquiña,
mandarche quero,
que a morte é o diaño
i anda rondando as tellas
do meu tellado.
Cando deixes as costas
da nosa terra
nin luz nin poesía
quedará nela,
cando te vaias,
vaise contigo o ánxel
da miña garda.
Pombiña mensaxeira
de branca pruma,
fálalle ós emigrados
da patria súa,
dilles mimosa,
que deles apartada,
Galicia chora.
Dilles que prós seus lares
tornen axiña,
que sin eles non queren
pintar as viñas,
regar os regos,
madurar as castañas
nos castiñeiros.
Dilles que non hai terra
millor que a nosa,
máis ridentes paisaxes,
máis frescas sombras,
máis puros ceos,
nin lúa máis lucente
no firmamento.
Dilles que súas obrigas
aquí os esperan
¡e si onde elas non morren
que se condenan!...
I agora, voa,
pombiña, e que te guíe
Nosa Señora.
Повторяем попытку...
Доступные форматы для скачивания:
Скачать видео
-
Информация по загрузке: