Alalá nº 142 "Maghüa" - TVG
Автор: Alalá TVG
Загружено: 2016-02-26
Просмотров: 2152
Описание:
Alalá nº 142 "Maghüa" - TVG
Emisión en Televisión de Galicia: 30 DE MARZO de 2010
http://alala.crtvg.es
Esta noite Alalá viaxa ata A Coruña para coñecer a uns mozos pandereteiros: “os Maghúa”.
Da fermosura da cidade da Coruña fálase tanto como da xente que vive nela. Maghúa é un grupo de coruñeses moi noviños e moi amantes da súa cidade da que coñeceremos unha completa guía de supervivencia de lugares nos que un pode tomar algo cos amigos e escoitar música tradicional.
Os Maghúa teñen un repertorio de recolleita propia, de feito investigaron e recolleron cantos e ritmos populares de pandeireta por moitas partes de Galicia.
Na intimidade montan cada festa que xa veredes. Gústalles o mar e aproveitano co deporte, case todos son deportistas, de feito cada un fai o que lle peta, dende halterofilia ata billarda pasando pola pesca ou as traíñas... Estes mozos dominan A Coruña e “o coruño”, a pandeira e o pandeiro, a foliada e o serán e cantando, bailando e repenicando, estes rapaces do xénero pandereteiro masculino musical síntense como peixes na “augha” como peixes nunha Maghúa.
Повторяем попытку...
Доступные форматы для скачивания:
Скачать видео
-
Информация по загрузке: