Alumni-UVigo Investigación 2023 || Mónica Carrera Mouriño
Автор: Observatorio de Persoas Tituladas da UVigo
Загружено: 2023-09-05
Просмотров: 34
Описание:
Presenta: Susana Rodríguez Barcia, Profesora na Facultade de Filoloxía e Tradución da UVigo
Entrega o galardón:
Daniel Rey García, Catedrático da UVigo e director do Centro de Investigación Mariña da UVigo
Galardoada: Mónica Carrera Mouriño
Recolle o premio: África González, Catedrática da UVigo e directora do Centro De Investigaciones Biomédicas (CINBIO)
Licenciada en Bioloxía (UVigo, 1996-2000) e doutora na mesma materia (UVigo, 2008), é especialista en Proteómica Avanzada aplicada á Calidade e Seguridade Alimentar. Desde os seus inicios profesionais traballou e colabora con distintos centros de investigación como a propia Universidade de Vigo (UVigo), o CBMSO, a UCM, o IMSB Zürich ou a empresa Thermo Fisher Scientific dos EUA. Neste tempo, actuou como Investigadora Principal en nove proxectos de investigación e as súas investigacións deron lugar a unha patente, ao rexistro de novos alérxenos alimentarios e a métodos rápidos para a detección de alérxenos en alimentos. Científica titular no grupo de Química de Produtos Mariños do Instituto de Investigación Mariña do CESIC en Vigo, actualmente está embarcada no desenvolvemento de vacinas para a alerxia ao peixe.
Finalistas:
Estefanía Paredes Rosendo: Doutora en Ciencias do Mar e responsable do Servizo de Preservación Funcional dos Recursos Biolóxicos Mariños da ECIMAT, pertencente ao Centro de Investigación Mariña da Universidade de Vigo
Juan Manuel Losada Rodríguez: Licenciado en Bioloxía e Ciencia e Tecnoloxía dos Alimentos, conta cun contrato de excelencia Ramón e Cajal no IHSM-CSIC-UMA en Málaga, onde lidera o seu propio grupo de investigación
Повторяем попытку...
Доступные форматы для скачивания:
Скачать видео
-
Информация по загрузке: