BRAIS DAS HORTAS - Santa Compaña 2.0 (Trap) - Contos Para Caghar Patatillas
Автор: Brais das Hortas
Загружено: 2020-10-29
Просмотров: 15193
Описание:
Aquí vos vai o trap da Santa Compaña 2.0 co que remato o espectáculo de Contos Para Caghar Patatillas. Tedes a letra aquí abaixo :
Somos almas en pena
#Vaghando
Cumprindo a condena
Como me veñas
co de "truco o trato"
'ghánchote da orella
e vés comigho po burato.
Imos presentarnos
como é debido.
Aquí representando,
falando cos vivos.
Somos a Compaña,
somos as almiñas
que saímos xuntas
todas as noitiñas.
Estamos mortas
pero non descansamos.
As nosas penas
andando purghamos.
Para que os vivos
ghardedes a memoria,
que cada morto
conte a súa historia.
A min pilloume
a morte en Monforte.
Rasqueime a orella
cada vez máis forte.
Cando me dei conta
xa tiña un buracasso
e da miña orella
só quedaba un pedasso.
Eu morrín
en Lalín
montado
nun chimpín
disindo "Nenas!
Mirai para min!"
Fíxenlle un trompo
tope gama arriscado.
Fóiseme o chimpín
e alá fun por un valado!
Somos a Compaña,
a Rolda, a Estadea.
Imos por camiños
de noite con candeas
en procesión
levando a caixa,
anunciando
que un vivo vai ser baixa.
Nós somos aviso.
Só vimos para iso.
Temos un recao
de mi pa ti, do outro lao.
Dos mortos para os vivos :
non sei que é o que vos pasa.
Xa non fasedes caso
con tanta cabasa.
Pero ti que fas,
pimpín?
Isto é Galiza
deixate de Jalojuin.
Mira pra min.
Parésoche de Minessotta?
Miña avoa é de Esteiro
i ei nasinche en Carnota.
Xa paresedes vós
máis sombies ca nós.
Queda alghén vivo
entre tanto dispositivo?
Pra falar con vós
descargheime esta app
e o que tiña que disir
xa mo converteu nun trap.
Tremendo flou
Mira como vou - oh, si!
Saín dun cadaleito -yeah!
Ido si que é unboxing.
Isto non é spoiler
pero si que é o final :
Se che ghusta dalle a like
e suscríbete ao canal.
Повторяем попытку...
Доступные форматы для скачивания:
Скачать видео
-
Информация по загрузке: