Lipdub EU FALAREI
Автор: EDLG Chapela
Загружено: 2012-06-25
Просмотров: 64067
Описание:
O día 5 de xuño de 2012, a comunidade educativa do IES de Chapela (Redondela-GALIZA) gravou, despois dun longo proceso que comezou co inicio do curso escolar, o LIPDUB EU FALAREI.
EU FALAREI, con música do "I will survive" de Gloria Gaynor, e cunha letra escrita polo EDLG de Chapela, é un canto de amor en defensa da Lingua Galega, mais tamén é unha denuncia da situación que vive un idioma que esmorece lentamente vendo recortada a súa presenza nos medios de comunicación ou na propia escola, e que día a día perde falantes entre a xente nova.
Na gravación implicáronse activamente máis de 400 persoas entre as que están 120 actrices e actores e 29 cantantes. Son alumnado, profesorado, persoal non docente, pais e nais, veciñas e veciños de Chapela, que quixeron neste LIPDUB dar alento a unha lingua, a galega, que hoxe e no futuro... precisa de nós.
Podes ver o traballo previo e a emoción do día da gravación no MAKING-OF: • making-of lipdub EU FALAREI
O EDLG do IES de Chapela decidiu permitir o libre uso do logo EU FALAREI por calquera entidade que teña como obxectivo a promoción ou defensa da Lingua Galega.
O 6 de novembro de 2012 o lipdub EU FALAREI recibiu o 1º premio no IV Certame OUFF Escola do 17 Festival Internacional de Cine de Ourense. • Entrega do 1º premio no OUFF Escola para o...
AVANTE COA LINGUA GALEGA!
Equipo de Dinamización da Lingua Galega do IES Chapela
Chapela, 25 de xuño de 2012
http://oberete.blogaliza.org
Audios empregados:
"Behind the murderer" de Opusvertigo
Versión instrumental do "I will survive" de Gloria Gaynor
Traducións dos subtítulos:
Eva Lago - Alex Vorbeck (Alemán)
Mohamed Matala (Árabe)
Xavier Vila - Ariadna Purroy (Catalán)
Ander Arana (Euskara)
Ángeles Alemparte (Francés)
Magdalena García (Inglés)
Guido Traficante (Italiano)
Miguel Rodríguez Penas (Galego-Portugués)
Diegu Corràine (Sardo)
Take Asaka (Xaponés)
Повторяем попытку...
Доступные форматы для скачивания:
Скачать видео
-
Информация по загрузке: