Redes e Raíces - Capítulo 2. Loitando por unha educación pública: Voces de Matrícula 0
Автор: Colexio Oficial de Traballo Social de Galicia
Загружено: 2026-02-13
Просмотров: 145
Описание:
🎙️📣 Redes e Raíces: Voces do Traballo Social xa tedes dispoñible o Capítulo 2! Loitando por unha educación pública: Voces de Matrícula 0
Un capítulo onde achegámonos á loita pola defensa da educación pública da man do movemento Matrícula 0, da Escola Universitaria de Traballo Social en Santiago de Compostela, unha iniciativa colectiva que nace fronte aos recortes, a privatización e o desmantelamento progresivo do sistema educativo.
A través das voces das persoas que forman parte do movemento, coñecemos como a organización comunitaria, a mobilización social e a acción colectiva se converten en ferramentas fundamentais para garantir o dereito a unha educación pública, gratuíta, inclusiva e de calidade.
Falamos de precariedade, desigualdades e resistencia, pero tamén de esperanza, compromiso e redes de apoio que se tecen dende abaixo para defender un ben común esencial para a cohesión social e a xustiza educativa.
Un capítulo que nos convida a reflexionar sobre o papel da cidadanía activa e a importancia de manter vivas as loitas colectivas que sosteñen os dereitos sociais.
Podes escoitalo tamén en Ivoox:
https://go.ivoox.com/rf/168364648
Deseño gráfico da portada e contraportada @camila.vieitez
Edición e gravación do vídeo @froumastream
Música Helsinki de Pantis @ulopantis
#RedeseRaíces #PodcastGalego
Повторяем попытку...
Доступные форматы для скачивания:
Скачать видео
-
Информация по загрузке: