HIXINIO ARAUXO, COMITÉ DA MEMORIA HISTÓRICA DE CELANOVA. LUGARES DE MEMORIA
Автор: A ferida aberta no 36
Загружено: 2026-02-07
Просмотров: 1
Описание:
O Goberno ten xa sobre a mesa o informe elaborado polo Comité da Memoria Histórica de Celanova co que se pretende declarar o cemiterio de San Breixo Lugar de Memoria Democrática. Alí xacen os corpos de 90 vítimas da represión franquista que foron soterradas entre 1936 e 1943. A maioría son asturianos, pero hai tamén andaluces e sete galegos. Familiares das vítimas estamparon a súa sinatura neste documento no que se presenta a San Breixo como un espazo de represión, pero tamén de memoria.
“Pretendemos render homenaxe as vítimas que están alí soterradas e poñer en valor un cemiterio onde se fixeron traballos forzados e onde está enterrado Celso Emilio Ferreiro”, explica o presidente do comité, Hixinio Araúxo, no capítulo 20 de 'A ferida aberta no 36'.
Повторяем попытку...
Доступные форматы для скачивания:
Скачать видео
-
Информация по загрузке: