ycliper

Популярное

Музыка Кино и Анимация Автомобили Животные Спорт Путешествия Игры Юмор

Интересные видео

2025 Сериалы Трейлеры Новости Как сделать Видеоуроки Diy своими руками

Топ запросов

смотреть а4 schoolboy runaway турецкий сериал смотреть мультфильмы эдисон
Скачать

Muiñeira Vella ou Ribeirana de Limiñoa (Ponteceso) - Agrupación folclórica Donaire

Автор: ESTREMONIAS

Загружено: 2022-06-25

Просмотров: 5218

Описание: A muiñeira vella, chamada tamén ribeirana, é a modalidade máis antiga de muiñeira. Conservouse e foi recollida na franxa costeira norocidental galega, maiormente nos concellos de Cabana, Ponteceso, Laxe, Zas e Malpica. Nestas zonas chámaselle simplemente muiñeira, pasando a máis moderna e estendida "muiñeira nova" a recibir o nome de punteada.

CARACTERÍSTICAS.
O acompañamento musical faise sempre con canto (coplas) e pandeiretas. As pandeireteiras tocan co puño, motivo polo que tamén recibe o nome de muiñeira empuñada, distinguido así o seu toque do xeito máis moderno de tocar, a muiñeira riscada.

A forma máis recollida do baile é aquel no que bailaba un só grupo con dúas parellas, existindo constancia de tres nalgún lugar. Nos casos en que bailaba máis dun grupo, facía cadanseu baile independente. Existen tamén variantes nas que un só home bailaba con dúas ou máis mulleres.

A principal diferenza coa muiñeira nova, é que nesta os homes bailan entre si os puntos sen que as mulleres os imiten. Limítanse estas a realizar uns pequenos pasos polo baixo debuxando unha roda ou un oito, sen levantar os brazos e coa ollada no chan. Asemade, neste baile son as pandeiretas as que fan coincidir os seus toques coas evolucións dos bailadores e non ao contrario.

RECUPERACIÓN.
A muiñeira vella foi recuperada grazas o traballo dos mozos das vilas e cidades que, desde os anos oitenta, comezaron a facer recollidas de material etnográfico no rural galego. Nese tempo xa case non quedaban vellos que a tivesen bailado, sendo reconstruída principalmente a partir de testemuñas visuais. A área de recuperación coincide, groso modo, coa chamada Costa da Morte, aínda que existen recollas tamén nas comarcas de Santiago e do Xallas. O xeito de tocar, a empuñada, conservouse en moitas máis zonas do país, sendo probabelmente o modo máis antigo de tocar a pandeireta.

Diversas testemuñas de informantes, sobre todo na area bergantiñá, indican que antigamente era este o único tipo de muiñeira existente. Por este motivo, algúns dos estudosos do folclore se inclinan a considerar a muiñeira nova unha evolución da vella. Porén, outros ven precipitada esta hipótese.

O tipo de muiñeira vella que mellor se conservou foi a regueifa. Unha danza nupcial tradicional que bailaban os propios noivos (ou os padriños) para celebraren a súa unión.

Para ver a danza orixinal realizada por: Pandereteiras e danzantes de Limiñoa.

   • Muiñeira Vella ou Ribeirana de Limiñoa (Po...  

Para ver o programa da TVG, ALALÁ, no que se fala dos creadores da agrupación folclórica Donaire.

   • Alalá nº 55 "Cabana de Bergantiños- Ruote"...  

Не удается загрузить Youtube-плеер. Проверьте блокировку Youtube в вашей сети.
Повторяем попытку...
Muiñeira Vella ou Ribeirana de Limiñoa (Ponteceso) - Agrupación folclórica Donaire

Поделиться в:

Доступные форматы для скачивания:

Скачать видео

  • Информация по загрузке:

Скачать аудио

Похожие видео

"Urte berri on" Kursaaletik Zuzenean - IZARO

PAN.SEN.FRON - Muiñeira Vella

PAN.SEN.FRON - Muiñeira Vella

Muiñeira Vella ou Ribeirana de Limiñoa (Ponteceso) - Pandereteiras de Limiñoa

Muiñeira Vella ou Ribeirana de Limiñoa (Ponteceso) - Pandereteiras de Limiñoa

PANDEIRETEIRAS SEN FRONTEIROS interpretan

PANDEIRETEIRAS SEN FRONTEIROS interpretan "Punteada de Soutullo"- Alalá.TVG

Muiñeira vella ou Ribeirana de Limiñoa (Ponteceso) - O Fiadeiro

Muiñeira vella ou Ribeirana de Limiñoa (Ponteceso) - O Fiadeiro

ЧТО СКРЫВАЕТ ЛИТВА? Самая Необычная Страна Европы (15 Фактов)

ЧТО СКРЫВАЕТ ЛИТВА? Самая Необычная Страна Европы (15 Фактов)

Seguidillas de La Villa - IV Festival Guagime 2013

Seguidillas de La Villa - IV Festival Guagime 2013

Davide Salvado e Fransy González, en Luar - Maneo de Erviñou e muiñeira de Vilaverde de Cereo

Davide Salvado e Fransy González, en Luar - Maneo de Erviñou e muiñeira de Vilaverde de Cereo

MALVELA

MALVELA "Trubisqueira"

1 01 2026 A takie melodie królowały na zabawie sylwestrowej w Złotym Dworze!

1 01 2026 A takie melodie królowały na zabawie sylwestrowej w Złotym Dworze!

Galician folk dance:  Xota

Galician folk dance: Xota

Cántigas da Terra - Pasodobre dos Cinco de Galicia

Cántigas da Terra - Pasodobre dos Cinco de Galicia

Galician folk: Muiñeira vella & Xota de Muíño (Zas)

Galician folk: Muiñeira vella & Xota de Muíño (Zas)

Alalá nº 84

Alalá nº 84 "Pandereteiras de Limiñoa"- TVG

Arredores  ''Muiñeira Vella''

Arredores ''Muiñeira Vella''

Treixadura 2012. O merlo.

Treixadura 2012. O merlo.

Muiñeira vella de Cerqueda (Malpica de Bergantiños) - Arume de Callón.

Muiñeira vella de Cerqueda (Malpica de Bergantiños) - Arume de Callón.

O FIADEIRO Muiñeira de Riamonte

O FIADEIRO Muiñeira de Riamonte

NA ŻYWO Biesiada sylwestrowa z Szefową i Kapelą Stąporkowską!

NA ŻYWO Biesiada sylwestrowa z Szefową i Kapelą Stąporkowską!

Xacarandaina - Tonada e muliñeira de Vilarello (Luar - TVG)

Xacarandaina - Tonada e muliñeira de Vilarello (Luar - TVG)

© 2025 ycliper. Все права защищены.



  • Контакты
  • О нас
  • Политика конфиденциальности



Контакты для правообладателей: [email protected]