TRAPALLADA - A xente do mar - Videoclip
Автор: TRAPALLADA
Загружено: 2016-07-03
Просмотров: 14411
Описание:
TRAPALLADA - "A XENTE DO MAR"(ALENTA O MAR)
Este tema pertence ó disco "Alenta O Mar", gravado entre os meses de marzo e maio do ano 2016 nos estudios "La MusikAlta" (Bueu) de Fran Domínguez, baixo a produción de Martín McFly, mesturado por Byktor Gómez (Psykiatriko Records) e masterizado por Jose Triay (NW Mastering).
Videoclip: IDEAS OCTOPUS FILMS
Gravación, realización, produción, edición, montaxe, etalonaxe: Pulpiño Viascón
Axudante de Cámara: Mikel Bau - Artesa de Arte
Actor mariñeiro: Pulpiño Viascón
Redeiro: Andrés
Cello: Selene Gómez
Actores bailes: familias e amigos
Gravado no Porto de Oza (A Coruña)
Letra:
"Unha mesta néboa entra polo norte,
o bruar do océano está a chamar por nós
A patria é o mar, a patria é a terra,
somos de Galiza ou somos do Gran Sol
O mar cheo de vida non durme na noite,
quentan os motores, vai saír o sol
Escumas de sal baten na Ribeira,
sopra forte o vento, non se ven os cons
Pra gañar a vida saen faenar,
loitan nas mareas
É a xente do mar
Na pel as feridas feitas noutros lances,
ollos que buscan terra no medio do mar
Atopas refuxio, pode ser en Bantry,
soñas con chegar pronto ao teu fogar
Pra gañar a vida saen faenar,
loitan nas mareas
É a xente do mar
Unha mesta néboa entra polo norte,
o bruar do océano está a chamar por nós
A patria é o mar, a patria é a terra,
somos de Galiza ou somos do Gran Sol
Pra gañar a vida saen faenar,
loitan nas mareas
É a xente do mar
Pra gañar a vida saen faenar,
loitan nas mareas
É a xente do mar"
Facebook:
/ trapalladaoficial
Twitter:
/ trapalladaska
Instagram:
/ trapallada_oficial
Discografía descargable de balde en:
https://trapallada.bandcamp.com/
Повторяем попытку...
Доступные форматы для скачивания:
Скачать видео
-
Информация по загрузке: