ycliper

Популярное

Музыка Кино и Анимация Автомобили Животные Спорт Путешествия Игры Юмор

Интересные видео

2025 Сериалы Трейлеры Новости Как сделать Видеоуроки Diy своими руками

Топ запросов

смотреть а4 schoolboy runaway турецкий сериал смотреть мультфильмы эдисон
Скачать

O presidente da Xunta participa na presentación do ‘Balance do Xacobeo 2021-2022’ en Santiago

Автор: ADV

Загружено: 2023-02-19

Просмотров: 16

Описание: Santiago de Compostela, 16 de febreiro de 2023.- O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, destacou esta tarde as cifras récord do dobre Ano Santo e animou a seguir camiñando a Galicia durante a década Xacobea que acaba de iniciarse. “O Xacobeo foi un éxito colectivo, un éxito de toda Galicia”, subliñou Rueda durante a presentación do Balance do Xacobeo 2021-2022, un acto celebrado no Palacio de Congresos e Exposicións de Galicia no que tamén se premiou o labor de difusión do Camiño de Santiago que realizan diferentes entidades, colectivos e personalidades de toda España.

Durante a súa intervención, Rueda detallou as cifras “espectaculares” que fixeron deste Xacobeo 2021-2022 unha data histórica e que acreditan, subliñou, que Galicia traballou e soubo trasladar a mensaxe de que ”é destino seguro” xa que, como lembrou, este dobre Ano Santo comezaba en plena pandemia e con moitas restricións de mobilidade. Nesta liña, resaltou que o pasado ano se alcanzaron as 438.600 compostelas –“aínda que a cifra de peregrinos que fixeron polo menos cen quilómetros da ruta é de máis de 700.000”, indicou- e que se recuperou o turismo internacional xa que os camiñantes doutros países xa supoñen case a metade dos peregrinos que chegan a Santiago. Ademáis, Galicia rexistrou 6,5 millóns de viaxeiros e 12,5 millóns de noites, a cifra máis alta na historia da comunidade.

Entre os factores que contribuíron ao éxito deste dobre Ano Santo, Rueda destacou o feito de que Galicia reúne as características que demandan os turistas tras a pandemia natureza, patrimonio e zonas pouco masificadas e fixo especial fincapé na programación cultural que se organizou por toda a comunidade para achegar o Xacobeo a todos os rincóns de Galicia. “Quixemos que toda Galicia foise partícipe do Xacobeo”, resaltou Rueda. Para iso organizáronse 160 eventos musicais en 70 concellos no 2022, aos que hai que sumar certames de maxia e ilusionismo, eventos gastronómicos ou probas deportivas vencelladas ao Xacobeo.

O presidente agradeceu o labor a prol do Camiño de Santiago realizado por todos os premiados na gala desta tarde e fixo fincapé en que o Goberno galego segue a traballar para que Galicia se manteña coma un destino atractivo para o turismo, coa vista xa nos vindeiros Xacobeos. “O Camiño fai máis grande a Galicia desde o punto de vista económico, cultural, de identidade e é un orgullo para os galegos”, concluíu o titular do Goberno galego.

Recoñecemento aos difusores do Camiño de Santiago

Un total de 22 entidades e persoas foron premiadas ao longo da gala pola súa contribución ao éxito deste Xacobeo 2021-2022 e pola promoción e difusión do Camiño de Santiago. Ademais, durante o acto fíxose un recoñecemento expreso aos patrocinadores do Xacobeo e houbo unha mención especial para a periodista Ana Rosa Quintana que realizou o Camiño en varias ocasións, a última durante 2021.

Na categoría de ‘Xacobeo Acollida’ foron galardoados a Federación Española de Asociaciones de Amigos del Camino de Santiago, a Federación Galega de Amigos do Camiño de Santiago; a Asociación galega de albergues privados (Agalber), o establecemento Ideas Peregrinas e se lle outorgou a título póstumo o premio de albergueira pública a Edita Núñez. No eido de ‘Vixilancia, Voluntariado e profesionais do Camiño’ foron recoñecidos o servizo de Protección Civil de Santiago, os voluntarios de American Pilgrims e os profesionais do transporte, representados nun taxista que recolleu o premio.

No eido deportivo galardoouse a carreira ciclista O Gran Camiño, ao director de La Vuelta, Javier Guillén, a regatista Alicia Freire e a asociación Discamino que facilita que as persoas con discapacidade poidan peregrinar a Santiago. Dentro da categoría ‘Xacobeo experiencias’ premiouse a Iniciativa Galicia Ilusiona, o traballo do Colexio Cristo Rey de Ferrol, a iniciativa ‘Siente Galicia’ e a Asociación Galega de Empresas Musicais (AGEM).

Por último, no apartado ‘Xacobeo institucional’ recibiron un recoñecemento o Centro Internacional de Acollida do Peregrino; o Clúster Turismo de Galicia; a primeira mancomunidade do Camiño Francés (Triacastela) e a última en constituírse (Fisterra-Muxía), Turespaña e o Concello de Madrid.

Не удается загрузить Youtube-плеер. Проверьте блокировку Youtube в вашей сети.
Повторяем попытку...
O presidente da Xunta participa na presentación do ‘Balance do Xacobeo 2021-2022’ en Santiago

Поделиться в:

Доступные форматы для скачивания:

Скачать видео

  • Информация по загрузке:

Скачать аудио

Похожие видео

Acto de entrega da Medalla de Ouro de Galicia 2020

Acto de entrega da Medalla de Ouro de Galicia 2020

Mensaxe de fin de ano do presidente da Xunta de Galicia 2017

Mensaxe de fin de ano do presidente da Xunta de Galicia 2017

2026 Texas A&M vs. Kentucky vs. Vanderbilt Men's 400 Free Relay, Heat 1

2026 Texas A&M vs. Kentucky vs. Vanderbilt Men's 400 Free Relay, Heat 1

Anxo Quintana en 'Los Desayunos de TVE'

Anxo Quintana en 'Los Desayunos de TVE'

MITIN CENTRAL DE CAMPAÑA | con Alfonso Rueda, Alberto Núñez Feijóo e Mariano Rajoy en Pontevedra

MITIN CENTRAL DE CAMPAÑA | con Alfonso Rueda, Alberto Núñez Feijóo e Mariano Rajoy en Pontevedra

ПОСМОТРИТЕ ОПЫТ УКРАИНЫ. Для чего Лукашенко держит Вооруженные Силы Беларуси в постоянном тонусе

ПОСМОТРИТЕ ОПЫТ УКРАИНЫ. Для чего Лукашенко держит Вооруженные Силы Беларуси в постоянном тонусе

Alberto Núñez Feijóo toma posesión como presidente da Xunta

Alberto Núñez Feijóo toma posesión como presidente da Xunta

O Dépor no Pazo de Raxoi

O Dépor no Pazo de Raxoi

Bo Nadal e próspero Ano Santo Xacobeo

Bo Nadal e próspero Ano Santo Xacobeo

Mensaxe de fin de ano do presidente da Xunta de Galicia 2016

Mensaxe de fin de ano do presidente da Xunta de Galicia 2016

Discursos recepción #asnosas Xunta de Galicia 03.06.2019

Discursos recepción #asnosas Xunta de Galicia 03.06.2019

Alfonso Rueda e Alberto Núñez Feijóo na Xunta Directiva do PPdeG en Santiago de Compostela

Alfonso Rueda e Alberto Núñez Feijóo na Xunta Directiva do PPdeG en Santiago de Compostela

Xunta e Fundación Amancio Ortega colaborarán para poñer en marcha novos centros públicos de maiores

Xunta e Fundación Amancio Ortega colaborarán para poñer en marcha novos centros públicos de maiores

Comparecencia de Feijóo trala morte de Manuel Fraga Iribarne

Comparecencia de Feijóo trala morte de Manuel Fraga Iribarne

José Ramón Gómez Besteiro en el Comité Nacional de Galicia

José Ramón Gómez Besteiro en el Comité Nacional de Galicia

Mensaxe de fin de ano do presidente da Xunta de Galicia

Mensaxe de fin de ano do presidente da Xunta de Galicia

О ТАКИХ ЗАРПЛАТАХ В МОСКВЕ МОЛЧАТ! БЫЛО ТЯЖЕЛО? А СТАНЕТ ЕЩЁ ТЯЖЕЛЕЕ. КАК ЛЮДИ ПОКОРЯЮТ СТОЛИЦУ.

О ТАКИХ ЗАРПЛАТАХ В МОСКВЕ МОЛЧАТ! БЫЛО ТЯЖЕЛО? А СТАНЕТ ЕЩЁ ТЯЖЕЛЕЕ. КАК ЛЮДИ ПОКОРЯЮТ СТОЛИЦУ.

Visita de Raúl Castro a Galicia no ano 2005

Visita de Raúl Castro a Galicia no ano 2005

Manuel Fraga recibe en audiencia a Raúl Castro no ano 2005

Manuel Fraga recibe en audiencia a Raúl Castro no ano 2005

Toma de posesión de Alberto Núñez Feijóo como presidente da Xunta de Galicia

Toma de posesión de Alberto Núñez Feijóo como presidente da Xunta de Galicia

© 2025 ycliper. Все права защищены.



  • Контакты
  • О нас
  • Политика конфиденциальности



Контакты для правообладателей: [email protected]