TradiSón - Voz do Nadal, ano 2016
Автор: Xurxo Terrible TradiSón
Загружено: 2025-12-29
Просмотров: 99
Описание:
Música: Xurxo Terrible
Letra: Anxo Baz
VOZ DO NADAL
Quero cantarlle o Nadal,
Fai a segunda conmigo.
Cantos con xeito coral,
Voz con empaste de amigo.
Noces, turrón, mazapán,
E unha taciña de viño.
Colle as cunchiñas na man.
Fai que resoen con brilo.
Non hai mais bela postal,
Colos de avó para un crío.
Mesa repleta de irmáns,
Bicos de nai para un fillo.
Tralo empañado crital,
Van nevaradas e frío.
No corazón o Nadal,
Deixa un braseiro quentiño.
Повторяем попытку...
Доступные форматы для скачивания:
Скачать видео
-
Информация по загрузке: