MARUXIÑA DO FORNEIRO
Автор: XURXO JACHÍA
Загружено: 2026-01-30
Просмотров: 348
Описание:
Son dos que penso que, así como nos barrios hai coles e institutos de primaria e secundaria, en troques de propor facer universidades da gaita debera haber escolas e institutos. Xa logo do que de ahí saia podemos pensar en conservatorios de música profesional e outras caralladas.
Eu para montar un grupo de barrio case prefiro escoller estas cantigas que todos mais ou menos saben e cantan que outras pezas mais sofisticadas.
Maxinade o traballo e a práctica que se precisan para controlar a gaita e maxinade que agás desto temos que memorizar unha melodía que nunca escoitamos...
Agora maxinade o mesmo pero como peza para práctica en troques do pasodoble de Vigo a Santiago poder aprender a tocar a Carolina, o caneco ou a Maruxina do forneiro como pode ser o caso.
Por outra banda pensemos no magosto do barrio, na festa patronal ou pola noite de San Xoan a sardiñada... por qué gaiteiros van ser as festas dos barrios amenizadas? Polos estudiantes profesionais? pola banda de Carlos Nuñez? pola sinfónica de Praga?
Pois esa é a idea, aprender a tocar a gaita polo simple feito de aprender a tocar a gaita, pola sociedade que entre veciños montamos e como non, pola fanfarria e pola veciñanza.
Todo pode ser moito mais doado e todo pode estar mais achegado a tradición con estas cativas cousas sen tanta fanfarronada encorsetada.
Logo virá o que teña que vir e logo bulirán polos palcos do mundo mundial os mais botados pra diante sen que teñamos que manter niveis de profesionalismo nos barrios.
Maruxiña do forneiro. Ala
Повторяем попытку...
Доступные форматы для скачивания:
Скачать видео
-
Информация по загрузке: