RALLYE MARIÑA -LUCENSE 2020 | By
Автор: #CdRas
Загружено: 2020-12-15
Просмотров: 8044
Описание:
Fin do Campionato Galego de Rallies coa disputa da terceira e última cita da tempada na mariña lucense. Unha proba que se convertía en internacional grazas á presenza do piloto mundialista Nikolai Gryazin ao que o rallye lucense servíalle de test para ao próximo Rallye de Montecarlo.
Pero o gran foco mediático estaba posto na loita polo título de Campión Galego. Víctor Senra, Alberto Meira e Iago Caamaño chegaban con opcións e cunha intensa polémica motivada polo cambio de gomas de Senra que tras un acordo con Michelín estreaba tamén nova rotulación no seu Skoda.
Finalmente os pilotos galegos pouco podían facer ante o piloto ruso que levaba de rúa a carreira con case un minuto de vantaxe sobre o segundo clasificado.
En todo caso a segunda praza de Senra valíall para selar o seu cuarto título consecutivo no autonómico de rallyes. A combatividade mostrada por Alberto Meira durante toda a xornada non foi suficiente para impedir unha nova coroación do piloto de Dumbría.
Outro dos pilotos que chegaba con opcións de coroarse era Iago Caamaño pero o coruñés, vencedor o ano pasado na Mariña, non foi capaz de atopar o feeling co Polo. Problemas nos freos botaron por terra calquera opción de vitoria e deixárono en cuarta praza tras o aparatoso accidente sufrido por Adrián Díaz.
A quinta posición levabaa Adrián Costas aos mandos do Mitsubishi Evo IX (nove). Terminaba por diante do DS3 de Jorge Pérez e do Fiesta R5 de Daniel Alonso.
A oitava praza recaía na condución levada a cabo por Tinín Iglesias que obtiña, non só a vitoria no rallye lucense, se non tamén o título dentro da Top Ten B.
José Manuel Lamela e Marcos Rodríguez completaban o primeiros dez postos da clasificación co seu respectivos Saxo VTS e Citroën C2 (dous).
No resto de Copas de Promoción dobrete para Koke Garnelo que, coa súa vitoria na proba lucense tras o contratempo sufrido por Pablo Blanco, convértese no novo piloto bolseiro da Federación Galega de Automobilismo no 2021 (vinteun).
Un Diego Vila, por certo, que se convertía sen querelo en protagonista da proba despois de que o coche do Recalvi Team non se presentase á cita a tempo por motivos aínda descoñecidos. Tras este incumprimento de contrato ao piloto de Tui non lle quedaba máis remedio que ver o rallye dende a cuneta.
Ante esta surrealista situación, Alberto Meira, un dos principais promotores do campionato como distribuidor de Pirelli, anunciaba o apoio da marca de neumáticos e da propia Federación para no 2021 (vinteun) poñer ao dispor de Diego Vila un segundo coche.
Rematamos o repaso á segunda edición do Rallye Recalvi Mariña Lucense coa Copa AMF. Aínda que a carreira gañábaa César Díaz, o título ía parar a mans de Javier Eiras grazas á segunda posición obtida.
Co Rallye Mariña lucense o campionato galego pon fin a unha atípica tempada marcada pola pandemia e por un calendario reducido de forma forzosa. Todas as esperanzas están postas xa en 2021 (vinteun), ano no que a Federación anuncia novas sorpresas para o certame coa entrada de novos e atractivos patrocinadores.
#CdRas is your motor program in Spain. You can see us at Garage TV,IntereconomiaTV and 86 local TV channel. You can also listen us in CadenaSer radio ***************www.g-group.es*************
Повторяем попытку...
Доступные форматы для скачивания:
Скачать видео
-
Информация по загрузке: